Eutanasia

Na primavera do 2015, Ruben e Dana por primeira vez, visitaron España nunhas curtas vacacións xunta nosa, os consogros do seu fillo Fredy. Ruben, amante da pesca con caña e aproveitando que estamos a dous pasos do mar, fíxose cos instrumentos necesarios é, a diario, pasaba horas e horas con ese deporte que tanto entretén e relaxa a vida das persoas. Aos poucos días de chegar, xa lucía un moreno intenso que contrastaba ca nosa pel branca de non poder expoñela aos raios do sol, por mor da doenza que collimos e da que logo fomos operados, os dous. Seguir lendo

Os dous (poema)

 

Os dous imaxen08032017Coma escribira a semana pasada no artigo de “Cousas, de pensionistas e emigrados(3)” no que relatando diferencias que se observan nun país e outro viaxando, prometín subir o poema por min escrito, na viaxe que fixera a Amsterdam con motivo da renovación do pasaporte é, no camiño de ida e volta, déuseme por escribir nun papel que levaba o que se ve na imaxe que aporto. Dito poema, xunto con outros escritos no tempo que estiven nos Países Baixos, foron mandados a tres certámenes literarios do país, no que de certo, atopei a resposta ao último dos poemas que titulei: “Non son poeta”, porque de feito foi e é así. Pero, sen saber destas cousas, atrevinme a enviar dito poemario co titulo: “Nos Países Baixos”. Un saúdo, e espero vos guste.

Os dous
¿Con quen ei de falar,
no principio e fin do destino?.

¿Con quen terei que pelexar,
pra entender os nosos camiños?.

¿Con quen ei de rir ou chorar,
nos nosos tempos perdidos?.

¿Con quen terei eu que tratar,
a vida de pais, irmáns, fillas e fillos?.

¿Con quen terei eu que afogar, rabias
e noxos, croios que baten nos nosos sentidos?.

¿Con quen debo eu intimar,
do que penso, do que sinto?.

¿Con quen debo viaxar,
por terras, ceos, mares e ríos?.

¿Con quen debe o meu ser durmir,
na longa noite do infinito?.

¿Con quen teño que compartir,
meus fracasos, meus desvaríos?.

¿Con quen ei de xogar, no patio
ou na alcoba, partidas a rabexar, á escoba?.

¿Con quen debo eu estar,
para as malas, e para as boas?.

¿Con quen está o meu corazón,
día e noite, a todas horas?.

Cousas, de pensionistas e emigrados (3)

Fai moitos anos, presenciei o desprezo, nas formas e nas palabras, por parte de algunhas persoas, cara paisanos que estiveran en países europeos que contaban algunhas das bondades que no país non se daban, botándolle en cara a fachenda que traían con aqueles coches que por aquí so os podían levar os ricos e narco-traficantes. Co tempo, e por causas distintas ás necesidades laborais, convertinme tamén eu en emigrante ido a Holanda, a través do Instituto Español da Emigración con un contrato para traballar na industria do metal. Xa instalado nunha pensión da empresa, atopeime cunha manchea de paisanos galegos coma min que, nese tempo, e quizais por o traballo doutros que me precederon, so querían galegos, e anos tardaron  en acoller de outras nacionalidades.seleccion-holandesa-1974

Na pensión, observei a paixón con que se seguía na televisión o fútbol holandés. Eran os tempos de Johan Cruyff, Ruud Krol, Johan Neeskens, Johnny Rep, Piet Keizer, Willy en Rene van de Kerkhof, Willem van Hanegen e moitos máis nunha liga apaixonante que deu, logo, na conformación da famosa selección chamada “A laranxa mecánica” que disputou a final de dous mundiais de fútbol, e creou toda unha escola de facer fútbol en case todos os clubs europeos cos Van Basten, Ruud Gullit, Ronald Koeman, Frank Rijkaard, Edgar Davis, Clarence Seedorf e adestradores de fama coma Rinus Michels. Seguir lendo

Prensa “perruna” e políticos que morden

¡Xa está ben!, esto non é “informar”. Que é ou se supón, ser a esencia e vida da prensa e medios de comunicación. ¡Xa está ben!…, dos políticos “víboras que se arrastran para trepar” (Bárcenas dixit). Estou cabreado, canso e farto de ver e escoitar burradas nas portadas da prensa ou en boca ou pluma de coñecidos políticos e periodistas que, á unha, coma se estiveran confabulados, nos están a insultar, a desprezar, a non respectar o noso ser e sentir, a desprezar a nosa opinión e as decisións que tomamos cando podemos escoller, e ¡votar!. Seguir lendo

Cousas, de pensionistas e emigrados (2)

Recentemente, recibo carta da Secretaría de Estado da Seguridade Social en calidade de pensionista onde, a Directora Xeral deste organismo, en impreso oficial, comunícame a revalorización da pensión na cuantía do 0,25%, que se traduce en 0,96 céntimos da paga que percibo por os anos traballados na Terra.

Acompañando a este impreso oficial de “Revalorización 2017” ven tamén unha carta da Ministra de Empleo e Seguridade Social, Fátima Báñez García. Dita carta a considero “propaganda política” tanto pola irrelevante argumentación que transmite, coma o uso que se fai do sistema de comunicación dun ministerio en facer esa propaganda de partido. A ministra Sra. Fátima Báñez, non precisa dirixirse aos pensionistas para “moralizarnos”. Xa está a Directora Xeral facultada pra firmar e comunicar o aprobado polo goberno. ¿Porqué un ministro ou ministra se baixa en facer unha comunicación tan tramposa?, ¿é que non se da de conta que so os 100 euros que o ministro Sr.Nadal anunciou de aumento na factura anual da electricidade xa bota por terra a palabraría que comunica en dita carta?, ¿cal é o custe extra de enviar dita carta que todos temos que pagar?, eu, que recibo cartas a cada dous por tres de información e revalorización da miña paga holandesa, nunca se dignou un ministro a escribirme persoalmente, aproveitando a correspondencia dun ministerio cos pensionistas. Exemplos éticos, son os que precisamos por parte dos políticos que asumen responsabilidades de goberno. Seguir lendo

“Chovendo” en familia.

Facía mais dun mes que unha das nosas seis fillas nos anunciou que virían xunta nosa, ela e dúas das súas irmás xunto co neto Luca de 4 anos a pasar tan so 3 días con nos, aproveitando uns prezos baixos no billete de avión Eindhoven-Alacant. E así foi coa alegría que nos deron. O malo foi, que coincidiu eses tres días, co temporal de neve, choiva e oleaxe na mar que fai moitos anos non se recordaba na costa do Mediterráneo, dende Cataluña ata Almería; o que practicamente as obrigou a estar na casa familiar falando, rindo e contando cousas.

Coma é natural en toda conversa onde participan catro ou cinco persoas, entrecrúzanse distintas opinións, pareceres, coñecementos e experiencias que, se se dan en respecto, enriquece o coñecemento de todos e gozan da compañía. A climatoloxía axudaba con raios e tronos; chuvia e mais chuvia vendo as noticias na televisión e as fillas conectándose a través do watschap e skype cos seus respectivos esposos(nosos xenros) e fillos (nosos netos), coincidindo todo isto, co clima enrarecido da corrupción e a disputa política que estamos a vivir tódolos días que, a un comentario meu acerca da situación que aquí se vive, unha delas, Susana, me retrucou: “pois papá…, non penses que en Holanda todo está ben…” e me expuxo o que sigue: “fai tempo, denunciaron que nas farmacias ían cobrar por “informar” dos medicamentos que os médicos receitan. Se unhas pastillas o seu custe era de 3 euros, a información sería de 10 euros (por poñer un exemplo) e 13 sería o seu custe a quen ousase pedir esa información. Os que a rexeitaran de principio, (a información), so pagarían os 3 euros, que era o seu valor”. Seguir lendo

Cousas, dos pensionistas e emigrados. (I)

Chegamos xa ao 2017, e con elo, dentro de pouco, nos tocará facer a declaración da renta eemigrantes-alemania-historia-644x362 pasar por “Caixa” da Axencia Tributaria. No curto espazo de tempo que resido no Estado Español, fíxena dúas veces; e a verdade, non me gustan as formas e o difícil que se nos fai entender o pago de impostos para un pensionista, emigrante e retornado. Non escribo coma experto, por tanto, terei moitas ignorancias ao respecto pero, coma emigrante retornado, “SEMPRE” e instintivamente, na miña cabeza e nos meus sentidos, farei -seguro que faremos- unha comparación e diferencias, con respecto ao país no que maiormente coticei impostos.

Coma os aspectos que quero abordar e expresar son ca intención de mellorar, ou de influír a tomar conciencia dos diversos aspectos positivos, e tamén dos negativos, vou a expoñer en principio, as primeiras contradicións, para logo, en outro ou outros escritos, tratar mais do mesmo. Seguir lendo