Apuntamentos ao expresado no escrito: “Teoría da vida e da intelixencia”

No dia que escribín eses papeis, reflexo un pensamento que xa tiña madurado dende facía tempo.  A dificultade principal, atópase en que un non vive de escribir, nin do estudo, nin dun traballo profesional que se relacione con estas cousas; ca ensinanza, ca filosofía, ca socioloxía, cas ciencias, ca natureza, ca bioloxía ou tantas materias que son quen de facer pensar, colaborar, practicar, contrastar, etc., e a maduración dun pensamento, limítase por tanto, ó plano teórico que, por unha parte, está limpo de influencias, e pola outra, madura na observación diaria de todo o que nos arrodea na variedade infinda de tantas culturas, tantos pensamentos, tantos fanatismos, tantos dirixismos elitistas, tanta natureza e tanto avance científico que, paseniñamente, vai facendo uso de novos descubrimentos, novas enerxías, novas capacidades e novas situacións coma reflexo da “evolución” constante e paulatina a que estamos sometidos, coma consecuencia directa do feito transcendental de sermos, ¡intelixentes!.png-foto-de-teoria-da-vida

Escribía eu que: “A persoa humana camiña ao ritmo do desenvolvemento intelixente”, é: “As persoas necesitamos de luces intelixentes aportadas por outras persoas que esperten en nos novas vías e formas que axuden a comprender” e especificamente, escribía que: “A vida existe, non hai principio, non hai fin…”, é: “Hai miles, millóns, trillóns…, de enerxías descoñecidas á mente e intelixencia que temos desenvolvido”, e escribín tamén coma moi importante: “Dentro do mundo cerebral intelixente, atópanse unhas enerxías…, etc.”.Pois ben…, me quero referir a todos eses entrecomillados, a fin de madurar a teorización con argumentos saídos do meu debate interior en contraste con ese mundo que temos diante dos ollos tódolos días nos que, tanto na casa (radio, tv, internet)coma na calle, no público e social, prima por maioría absoluta a falta das máis elementais nocións -sequera razoamento- das realidades existenciais que, ao ser ignoradas, son a base e alimento de poderes que utilizan a forza das masas humanas para o seu exclusivo pracer.  Perpetuando ese proceder na herdanza coma forma de transmitir privilexios para que nada cambie.

Lía estes días pasados, un pequeno artigo no que dicía que o 23% da poboación mundial estaba conformada por persoas de relixión islámica.  Teño entendido e lido tempo atrás, que a católica era a máis numerosa, non sei se ese catolicismo é o mesmo que cristianismo ou a suma esa inclúe todo o relacionado con eses dous conceptos coma, ortodoxos, protestantes, evanxélicos, anglicanos, etc., ¡non importa!…   Dous, tres, catro ou cinco mil millóns de persoas que, tódolos días teñen un pensamento centrado e concentrado nunha teoría soñadora da existencia; afastados por completo das realidades científicas e dos avances sociais e filosóficos que son os que imprimen o ritmo do desenvolvemento e do benestar que conseguen moitas sociedades.  Centrados en concentrados estes miles de imagen-religionesmillóns no soño de divindades que suplan a carencia humana ante o infortunio, a desgraza, o incomprendido…, evitando a reflexión honesta e prestándose á utilización coma arma de poder por concretos elementos das elites.  Estes miles de millóns de “crentes” son os primeiros en agarrarse a todo enxeño e avances tecnolóxicos en cen mil modalidades e variantes que nos enchen os mercados de tanto enxeño e tecnoloxía que gusta gozar, e tamén, negociar…

É a ciencia, é o pensamento libre de dogmas, é a intelixencia creativa no social máis axeitado os que marcan o ritmo do progreso, da boa convivencia e de todos ou case todos os instrumentos que utilizamos para un mellor vivir: autos, avións, barcos, trens, televisión, telégrafo, a luz, o motor, a máquina, internet, o teléfono, o móbil, os mobles da casa, o frío industrial, etc.etc..

De onde sae todo este mundo da tecnoloxía e de todos os bens de consumo e goce que con tanta rapidez nos adaptamos ao seu uso e aceptación?.  Dende logo que non do mundo das divindades, porque ese mundo quedou ancorado nun océano que descoñecen, obrigando a perecer afogados con eles a eses miles de millóns de crentes por carecer estes, da suficiente auto estima propia a non deixarse manipular, nin por intereses, nin por conceptos.

Ninguén pode afirmar e menos demostrar, a existencia dun “creador” do Universo. ¡É un invento, é unha mentira!, en cambio eu si afirmo que: “non hai principio nin hai fin na existencia”, e isto non é ningún invento nin mentira algunha: o que poda, que demostre o contrario.  Ata os máis estudosos e lúcidos de intelixencia, non se atreverán a facer afirmacións contrarias porque, ninguén ten a potestade da verdade existencial, e o que eu afirmo, “suma” a unha das moitas teorías razoables que poden, ou non, acercarse a esa verdade.

E ese invento e mentira da que fan uso as elites e moitos máis interesados, vai en función do uso que se fai do “invento”, que e quén de crear poder e de vivir nos estratos das elites facendo uso dunhas palabras que conectan cas sensibilidades humanas, cas súas carencias e cos infortunios dun vivir pouco desenvolvido.  Pero, vou facer unha reflexión na busca da “razón da lóxica da coherencia argumental” á hora de falar da existencia do creador, da fe, do divino e no seguimento ás prédicas dos interesados en mundos de soño:

Todo é posible…, e si todo é tan posible, puidera ser que o can que temos na casa teña o seu “Deus”…, ¡e nos, sen sabelo!. Así, é posible que o gato, o rato, o raposo, o galo e galiña, o marrán, cabalo, burro ou león teñan cadanseu un “Deus” e toda unha historia por contar, semellantes ou parecidas ás que nos, os “humanos” nos dedicamos con moito afán a crear e difundir polo noso ben…   Imposible negar ese dereito a quen, coma nos, nace, vive e deixa de existir, deixando tras a súa estadía, a semente da rexeneración da vida, das especies e do seu status social na diversidade existencial.¿Que nos diferencia?.A única penguinsdiferencia apreciable con respecto ás demais especies animais, é que en nos, deuse por desenrolar unha “enerxía” que puideramos cualificar de “intelixente”, e que, esta enerxía, atopou o corpo ou transporte axeitado para a súa manifestación, seguindo a evolución a través de millóns de anos, nos que se viu pulindo nas loitas sociais de especie e de ambiente.Se isto é así, se foi iso o noso decorrer existencial, so temos que ser honestos, sinceros e libres de dogmas e intereses para proclamar que a “intelixencia” é o ser principal da persoa humana. Que esa intelixencia se desenvolve mellor en sistemas de vida que garantan a existencia nos tramos de vida posible, e que eses sistemas axuden a enriquecer todo o que poda dar de si cada individualidade, para conseguir, no conxunto, formas cívicas de convivencia, de respecto e de avance en tódolos camiños que “todas” as intelixencias sexamos capaces de crear para un mellor vivir e convivir harmonicamente.

Dificultades:

Nas exposicións e razoamentos que teño feito,-de todo o que teño exposto e razoado- derívanse dúas dificultades principais á hora dun posible consenso ou debate enriquecedor na procura do noso “ser e estar” na vida, que a diario comprobamos e estamos inmersos nesas dificultades que, son quen de marcar as pautas e regras da vida que nos impoñen:

A primeira dificultade é, a dependencia hereditaria dunhas elites que monopolizan o poder en tódalas súas extensións en forma de tea de araña comunicativa e colaboracionista para manter privilexios de clase e de sangue.  Estas elites, perpetúanse e acubíllanse a carón de todo poder emerxente e establecido que houber.  Son os que alimentan o militarismo irresponsable, o uso da forza, o sometemento e incultura da “plebe”,-coma dicía o franquismo- son os que usan o Deus e a relixión, pero van por libre no seu particularismo que, tratan por todos os medios de ocultalos á vista e ouvido das masas.

Estas elites son, tanto cultural coma identitariamente, alleas ás problemáticas que teñan os pobos e culturas identificadas.  O que lles interesa é ter privilexios de dominio e de riqueza, non conciben na súa ínfima “intelixencia”, baixar a ser un ser normal, coma tantos e tantos millóns de seres que padecemos os males de intelixencias tan mesquiñas e altivas que non lles doe nin corroe a violencia das fames, das guerras, dos abusos, do uso das escravitudes que producen substanciosas riquezas, da explotación sexual que se ceba principalmente no sexo feminino, rebaixando esa condición a obxecto de uso e tamén de discriminación nas sociedades que construímos ó gusto e instintos machistas dos homes.

A segunda dificultade é, o feito relixioso que deu en obturar ou obstruír as capacidades propias de desenrolo das enerxías da intelixencia, en ben dun conformismo idealista que resta capacidade analítica e crítica con todo o posible; e que, pola vía do idealismo, do soño, da facilidade argumental, a obtención de beneficios nas coordenadas de intereses entre integrantes.  Suma todo isto, a que miles de millóns de persoas non son quen de colaborar na busca desa boa convivencia futura e dese axeitado proxecto, idea ou debate que visibilice as realidades sociais, e que, con intelixencia e respecto, dea en construír sociedades verdadeiramente humanas, libres e donas do seu vivir diario sen que se vexan sometidas ciclicamente a invasións, mortes, guerras, espolios, fames, enfermidades e mil e unha desgrazas que construímos no desenvolvemento da “intelixencia de valores negativos”.

 

 

Deixar un comentario