Hipócritas, mentireiros e manipuladores

Levo un tempo, dubidando se tratar un tema que a diario está nos medios, que por veces da noxo ver e escoitar, ou deixalo pasar porque son moitos os que escriben sobre estas cousas, e a miña, poda que sexa unha mais do montón que non vai aclarar nada. Penso que así será, por moi ben que me exprese, dado o estado de ánimo e crispación instalado na sociedade podemos-imagenpero, ¿Porqué calar o meu parecer e pensamento?, será un mais que axude, ou non, á diversidade de pareceres que conforman a razón e a opinión das cousas.

Hipócritas, mentireiros e manipuladores, é o que constato nos poucos anos que levo por estes lares, logo dunha emigración prolongada que, ao ser, de novo, espectador e actor en igualdade de condicións que os meus concidadáns, leo e escoito artigos de opinión, informacións, noticias e debates que enchen todo o panorama político español.

Durante tantos anos, parecía que esta sociedade, vivía placidamente no turnismo político que promovía burbullas financeiras, sen garantir as consecuencias do seu posible estoupido. Así que, ao producirse este estoupido, e ver coma por centos e miles de familias son botados das súas casas coma “vítimas” do sistema creado polos partidos que gobernaron, e a falta de “humanidade” mostrada, aparecen coma consecuencia de isto e de outras moitas contradicións, un novo partido saído principalmente do movemento de protesta que se deu en chamar 15M, ou dos “indignados” que encheu prazas nas principais cidades, foi exemplo mundial e ensinou o camiño a seguir por esas vítimas que non atopaban respostas, comprensión, xustiza nin atención aos problemas creados. Asombrosamente, todos observamos coma, na vez de protexer aos afectados mais vulnerables, o goberno do Partido Popular e o líder da oposición, “blindan” a través dun cambio constitucional expreso, e sen consulta, aos poderosos, á banca nacional e europea que os atenden prioritariamente, destinando miles de millóns de euros das arcas públicas que todos temos que pagar. E por riba, no medio de esta “venta” da soberanía e de castigar a tódolos sectores vulnerables con leis represoras e prexudiciais ás clases mais desfavorecidas, aparecen as Púnicas, Gurtel´s, ERES, Papeis de Panamá, Bankias, Blesas, Granados, Ratos, Valencias, Sorias, Ronaldos, Messis e a Facenda que, parece, non se enteira de nada, chega tarde ou, nos discrimina á gran maioría para favorecer a uns privilexiados que, procuran impedir, non se saiba quen son e o que defraudan.

A incomprensión miña, é ver coma estes dous partidos que, -axudados por o sucedáneo montado polo IBEX35- na vez de atender eficazmente á solución dos problemas creados, se poñen os tres citados, de acordo -literalmente- en combater ao novo partido saído das inxustizas creadas e de situacións alarmantes de pobreza. Así vemos, os esperpentos montados das “liñas roxas” para impedir tocaran poder, e defenestración de secretarios xerais, para que goberne “o mais votado”. Todo, regado cunha eficaz colaboración periodística manipuladora nos principais medios de comunicación, incluído os que pagamos todos, os públicos que, reiteradamente, está ao servizo case exclusivo do partido que está no goberno na súa falta de imparcialidade.

Tódolos días, se monta un festa “informativa” ó redor de Unidos Podemos e seus principais dirixentes, aludindo, -metaforicamente- á “galiña que roubou o Lute” coma o gran problema nacional na persoa de Pablo Iglesias, Íñigo Errejón, J.Carlos Monedero. Tania Sánchez ou Ramón Espinar que nunca chegan a facer perder o tempo a fiscais, xuíces e maxistrados coma estratexia ben coñecida do ventilador pra conseguir distraer á opinión pública, roubándolle de verdade o coñecemento dos verdadeiros problemas que nos afectan a todos, e empequenecendo, a acción corrosiva instalada nas administracións e institucións do Estado “Democrático”?, para que todo siga igual.

ferreras-e-inda-imagenNon se entende, ou mais ven eu non o entendo que, periodistas e non periodistas diversos, moi numerosos en tódolos medios, nas súas expresións públicas, dean mostra dunha aversión e fobia compulsiva cando se trata de algo de Unidos Podemos e seu entorno, coma se foran os autores dos miles e miles de millóns de euros que as “Administracións” desviaron ós petos dos “amigos” sen que houbera un eficaz control democrático dos cartos públicos ou, coma se foran os autores de que 100.000 mortos ou mais que permanecen “nas cunetas” non merezan un trato humano en igualdade a outros que si teñen sepultura e recoñecemento ou, coma está a pasar estes días, fosen os autores de que centos de personaxes famosos e inmensamente ricos, sexan favorecidos pola facenda pública en prexuízo, en primeiro lugar, dos mais desfavorecidos, e logo, a todos os que pagamos impostos relixiosamente botando por terra iso que dixeron, de que “todos somos iguais”. Xa non digamos os epítetos, etiquetas e descualificacións que se  lles brinda en cada acción ou manifestación que fagan que, por non ferir sensibilidades periodísticas, non vou citar ningunha e a ninguén, pero que aí están, nas hemerotecas, para vergonza de moitos que, sen información veraz e contextualizada, soltan toda caste de argumentos negativos porque, non se trata dos “meus”. E parece, que o chiringuito dos “meus” está a facer auga. Aquí están as verdadeiras razóns do “medo” a Unidos Podemos e confluencias, e toda a hipocrisía, mentiras e manipulacións que observo.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s