Juana Rivas: ¿lei, contra sentimento materno?

 

                                                               ¡Reflexións!

Hoxe 25 de Agosto, acabo de escoitar a noticia de que o xulgado nº 3 de Granada, emitiu un auto para que o próximo luns día 28, Juana Rivas entregue seus fillos a seu ex esposo, do cal fuxiu dende Italia a España levándose con ela aos dous fillos de ámbolos dous, por considerar que así os protexía a eles e así mesma.

Parece ser, que as leis entre países e mesmo dentro dun país europeo en canto á protección dos menores e sobre todo, da nai, réxense por conceptos relixiosos ao estilo islámico, onde  o pai é “o rei” tanto dos fillos coma da muller, ou…, ¡mulleres!

Non entendo de leis, entendo de sentimentos. E coma pai de seis fillas, once netos e netas, e dúas bisnetas digo: que un home, nunca xamais debe pretender arrincar seus fillos do regazo e amor maternal, a non ser, que demostrado e palpablemente, autoridades e expertos pertinentes, certifiquen que esa nai é prexudicial para a educación de tales fillos, tendo en conta, que a deficiencia económica e cultural non poden ser escusas para impedir a crianza dos fillos.

É o Estado, o que debe velar porque esa nai teña o suficiente para poder criar e formar a seus fillos no caso de separacións acordadas ou sen acordar, con maltratos de por medio , con abandonos ou con abusos de todo tipo que moitos homes practican nas escuridades e lonxe da vista dos demais.

A nai por natureza, (salvo en moi escasas excepcións) é a protectora natural dos fillos. ¿Coma pode unha lei igualar a pai e nai nun conflito de protección, tanto dos fillos coma da mesma nai e esposa?, ¡isto é unha aberración xurídica que debe ser cambiada e anulada de inmediato se así esta redactada esa lei!, así é a lei natural dos animais e así debe ser a lei de homes e mulleres “humanos” que centran a razón en ese recoñecemento, impedindo que o ser “animal” que en principio invade o ser racional en construción dun home, se apodere dun sentimento, e “xogue” a facer a guerra no ámbito familiar.

A min, coma home, pai, avó e bisavó, daríame vergonza e arrepíos principiar un conflito destas características cunha esposa que eu elixín, a quixen ou non, e tivemos fillos en común. Iso non é un home normal, iso é dun home ruín, posiblemente perverso, altivo e engreído que, aproveitando as mil indefensións que padecen fillos e a muller nai en particular, en sociedades des-estructuradas e presas dos hábitos e dogmas relixiosos, fai valer seu poder económico, cultural, de clase e de “macho” para danar, moral e psicoloxicamente á esposa, á ex, á amiga, á moza, ou á muller en xeral. A esa que é incapaz de namorala tódolos días da súa vida, e que so lle ofrece inseguridade, violencia, insultos e desprezo. ¡Iso non é un home, iso é unha …! (por educación, prefiro non escribir o que sinto).

Un home facilita os acordos, procura a manutención dos fillos, e incluso, da esposa que non da convivido. Un home busca o amor, a besta busca o gozo.

Xa vai para un mes que este conflito ocupa as portadas dos media. Estraña que unha nai sexa a que escapa cos seus fillos do fogar e se traslade a outro país. Durante moitos anos seguín incidencias parecidas, pero ao revés: pais que escapan cos fillos e a nai nunca máis os volve a ver, incluso, matan á esposa (con bo disimulo) para non verse mesturados en reclamación algunha, e vemos a cada dous por tres a morte dunha muller por seu esposo, parella ou amigo coma se o home, en plural, fora o dono absoluto dos destinos da muller, en plural.

¿É posible que esta sociedade española (e italiana) non sexan capaces a lexislar na protección da muller, e sobre todo da nai, seus sentimentos, súas necesidades e súas incapacidades que a sitúan coma vítimas dun posible “animal” que actúa impunemente dentro dun territorio vedado ás miradas e coñecementos que supón o “fogar”? ¿Quén se responsabiliza, no caso duns fillos asasinados por o pai, previamente arrincados á nai coma método de vinganza?¿hai xuíz ou xuíza que garanta que non vai ser así?, entón…, ¿qué é o mellor?, na miña opinión, en principio e á falta de acordo na custodia dos fillos por existir un temor por parte da nai a que os fillos sexan obxecto de vinganza, os fillos deben criarse ca nai se os fillos así o deciden nun imparcial exame. De non ser isto posible por impedimentos legais ou de outro índole, o Estado a través das correspondentes institucións, deberá acollelos nunha familia de acollida ata a súa maioría de idade na que decidirán eles súas opcións, pudendo ser visitados por ámbolos dous pais en pequenos períodos de tempo, e sempre baixo responsabilidade e visión de dita familia.

Coma aquí e neste caso concreto, trátase dun conflito familiar que abarca dous países, na miña opinión, debera prevalecer os “dereitos maternos” sobre o Dereito que ten o pai no seu país, onde ten súa forma de vida e que daba acollida a un fogar que resultou quebrado. O home en xeral e plural, goza dunhas liberdades que ningunha nai se pode permitir. Esta condición, se é un bo pai, será suficiente para gañar o cariño dos fillos e o respecto da que un día foi súa esposa por moitos quilómetros e países que aia por medio. A confrontación e uso de avogados, xuíces e leis, so ensina o”poder machista” da condición animal do home, sobre un sentimento protector feminino de difícil acomodo nun mundo materialista, con prexuízos sociais e relixiosos.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s