O chaman Democracia, ¡e non o é!

O título deste artigo, fíxose famoso a partir do Movemento dos Indignados, tamén chamado 15M que, a partir do 15 de Maio do 2011 esixían máis democracia, máis participación, auténtica división de poderes e terminar co dominio da banca e as finanzas nas decisións de estado e goberno. E sigue a estar presente este título hoxe, con motivo do Referendo de Cataluña convocado “ilegalmente” polo goberno da Generalitat.

Estamos a oír as palabras “Democracia, Lei, Estado de Dereito, ilegalidade, Garda Civil,lo-llaman-democracia-y-no-lo-es Policía, Mossos de Escuadra, Fiscalía, multas, sedición, non se celebrará, estado de excepción, art.155, etc.”, acompañados duns crispados debates nas televisións e múltiples artigos periodísticos que están a caldear un ambiente de confrontación en dous modelos antagónicos que lle dan ou non, contido democrático, ás accións que toma o goberno do Estado, representado por o Partido Popular, e o goberno da Generalitat, representado por unha confluencia de tres partidos catalanistas, que están a levar a un choque que repercutirá no futuro deste Estado e esperemos que non sexa violento.

Na miña opinión, o Estado Español está a practicar unha “ditadura encuberta” que a combina cas formalidades democráticas porque, nin os partidos saídos da transición, nin os cidadáns de a pé que imos a votar, carecemos desa cultura e das sensibilidades necesarias para ser críticos e esixentes cos que eliximos e lles damos a confianza da administración do Estado. Esta ditadura encuberta que digo, instalouse co “medo” na Constitución de 1978 onde o artigo 8.1 dispón que “as Forzas Armadas, constituídas por o Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire, teñen coma misión garantir a soberanía e independencia de España, defender súa integridade territorial e o ordenamento constitucional”, medo que dende a ditadura franquista e posterior transición é inoculada ás xentes a través de moi diferentes formas e maneiras, que percibimos cada vez que alguén ousa facer un discurso na contra desa ditadura e dos seus herdeiros.

Se non estamos nunha ditadura e dicimos e aseguramos, (ata se escandalizan) que isto non é unha democracia, ¿coma é posible que un presidente de goberno se mofe e mostre unha insensibilidade absoluta cara á Memoria Histórica, presumindo de asignar 0 euros para que os familiares dos asasinados que permanecen nas cunetas e fosas comúns podan ser identificados, entregados a seus familiares e recibir a dignidade dunha sepultura recoñecida?, ¿é isto un Presidente Democrático?, ¿porqué o Tribunal Constitucional na súa maneira de ser elixido e conformado non é libre, independente e imparcial? O mesmo podemos dicir de todos os órganos xudiciais que están intervidos por o poder político, sen posibilidade desa imparcialidade nas decisións importantes e que nos afectan a todos. O resultado que observamos é que a maior parte das sentenzas importantes, levan un tufo ideolóxico que os mesmos xuíces e maxistrados, e non digamos os fiscais ou Audiencia Nacional son incapaces de prestixiar a profesión, que se ve sometida a moitas presións e tráficos de influenzas.

Coma dicía, España é unha democracia formal na súa estrutura onde, o poder lexislativo, executivo e xudicial, na teoría son independentes, pero na práctica é todo distinto porque realmente esa independencia non existe. A Democracia do 78 foi “prostituída” por os partidos que conformaron a Transición. Todos eles trataron de controlar e invadir os tres piares básicos da incipiente democracia poñéndoos ao seu servizo e intereses propios, e non no interese do cidadán e na diversidade de pobos que o conformamos. Iso é unha ditadura coma a franquista, con ideoloxía de pensamento único e a corrupción igual ou parecida a actual. ¿Coma é posible, que o partido que gaña unha elección tras outra, teña más de 800 inculpados de corrupción, vaia dopado ás eleccións, non colabore ca xustiza, minta reiteradamente, rompa discos duros para impedir ser xulgados e investigados, sexa o mesmo que preside o goberno e faia campaña do “españolismo” máis rancio para crear o problema de Cataluña co fin de impedir unha verdadeira democracia onde, podamos decidir libremente sen imposicións, nin lingüísticas, nin de tipo territorial nin político coma estamos acostumados a soportar os que temos unha identidade e cultura propias?. ¿Poden suceder todas estas cousas e moitas máis que aquí non están descritas pero que causaron conmoción, exemplo: o caso NOS e a imputación da Infanta e seu esposo Undargarín que tanto se manipulou? Si, nesta democracia “prostituída” por uns poderes económicos, eclesiásticos, ditatoriais franquistas e de entrega a outros poderes alleos, si é posible a farsa que vivimos, padecemos e que difícil lle vemos unha saída honrosa e pacífica.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s