Porqué son galeguista

-Son galeguista porque nacín na Galiza.                    9577579189_efda742551_o

-Son galeguista porque, nacendo na Galiza, non fun ensinado na nosa propia lingua. Se nos ocultou e fomos obrigados, no ensino, a aprender outra fala que non é nin era, a do noso pobo.

-Son galeguista porque, a nosa historia foinos ocultada, asimilada e manipulada, ensinándonos outra historia onde, coma pobo e reino antigo, fomos desaparecidos, humillados e ignorados na cultura imperial castelá.

-Son galeguista porque, o franquismo sociolóxico aínda hoxe, nega os nosos dereitos coma pobo, poñendo por diante dese dereito, unha unión á forza construída sobre a base dunha ditadura, das elites económicas e empresariais que a sustentaron, da monarquía que non eliximos, e dunha Igrexa Católica que apoiou o xenocidio franquista.

-Son galeguista porque, abomino de galegos e galegas que, sabéndose membros dun pobo con lingua, historia, cultura e costumes propias, din sentirse “primero españoles”, e consenten e axudan, a destruír todas as sinais de identidade nosa, así coma ao desmembramento e dominio dos nosos bens; industriais, agrícolas, pesqueiros, enerxéticos, administrativos, tecnolóxicos, etc., en dependencia absoluta desa “España idílica” que compraron no mercado da avaricia, do paspán ético, da insensibilidade moral, dos aires de grandeza, do afán señorial e da falta de respectos cara á diversidade de culturas e pobos que compoñen a Península Ibérica.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERAO españolismo que apoian tantos galegos, bebe das fontes dos imperialismos que encheron de morte e destrución os 5 continentes, nun afán de dominio e prosperidade, no “roubo” sistemático de todo valor. Non no exercicio do comercio e desenvolvemento cultural cara ás demais culturas e pobos que conformamos o planeta.

-Son galeguista porque, precisamente España e o españolismo, reivindican o imperialismo español que sumou a Galiza por uns séculos na “Longa noite de pedra”, onde nin hoxe sabemos a ciencia certa, o que pasou neses tempos na nosa nación. Mostra palpable, de que o españolismo intentou borrar todo vestixio dunhas moi probables riquezas culturais que puideran oporse ou facer sombra, á inventada e manipulada “cultura española” que hoxe ensinan nas escolas, para adoutrinar nun españolismo excluínte coma estamos a ver.

-Son galeguista porque, sinto ser galego por enriba doutro sentimento de pertenza a outro pobo, nación, estado ou continente onde puidera vivir e desenvolver unha actividade profesional ou social.

-Son galeguista porque, vendo e comprobando a incultura social do “español”, arrepíame coma galego e persoa, ese sometemento tan piadoso, covarde, mentireiro e pillabán pra non mover nin un dedo, en pro da xustiza social e do ben estar da sociedade.

-Son galeguista porque, desexo vivir no mundo coma galego, identificarme coma galego, se me coñeza coma galego e poda formar parte do mundo coma galego; inclusive, apaixonarme por as nosas seleccións e equipos na diversidade do deporte en competicións nacionais e internacionais.

-Son galeguista porque, Galiza nos necesita a todos, os que din querela, ante os ataques que se aveciñan de desposuíla de identidade propia, de situarnos na irrelevancia histórica e política, e de facer do galego, un apéndice folclórico da “una, grande e indivisible” que o franquismo acuñou e hoxe intentan levar a cabo Partido Popular e Ciudadanos, ca inestimable axuda do PSOE e todos os galegos que conforman estes tres partidos estatais; Mariano Rajoy e Alberto Nuñez Feijoo os primeiros… ¿O consentiremos?.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s