A morte en bici, solucións e perspectivas

En Oliva (Valencia) unha moza de 28 anos, embriagada e drogada atropela a seis ciclistas Accidente-Campillos-webna parte contraria á que circulaba, producindo a morte de tres destes ciclistas e diversas lesións a os outros tres.

Na estrada que une Sant Josep con Sant Antoni (Ibiza), un mozo de 23 anos en estado ebrio, atropela pola mañá a dous ciclistas. O resultado, un ferido e o outro faleceu no traslado en ambulancia a un centro médico. Dito mozo, non socorreu aos ciclistas e deuse á fuga, sendo posteriormente detido pola Garda Civil.

En Riudoms-Baix Camp (Cataluña), unha condutora en estado ebrio, atropela a seis ciclistas co resultado de un dos seis en estado moi grave.

Estes tres exemplos de noticia, estanse a dar a cada dous por tres é, vendo a repercusión que teñen estes feitos así coma o dano que ocasionan, tratarei de aportar a miña visión deste problema ca intención de mellorar o uso da bicicleta e a seguridade dos ciclistas, baseándome so nas miñas experiencias coma usuario de bicicleta durante máis de 35 anos nos Países Baixos. Seguir lendo

Advertisements

Eutanasia

Na primavera do 2015, Ruben e Dana por primeira vez, visitaron España nunhas curtas vacacións xunta nosa, os consogros do seu fillo Fredy. Ruben, amante da pesca con caña e aproveitando que estamos a dous pasos do mar, fíxose cos instrumentos necesarios é, a diario, pasaba horas e horas con ese deporte que tanto entretén e relaxa a vida das persoas. Aos poucos días de chegar, xa lucía un moreno intenso que contrastaba ca nosa pel branca de non poder expoñela aos raios do sol, por mor da doenza que collimos e da que logo fomos operados, os dous. Seguir lendo

“Chovendo” en familia.

Facía mais dun mes que unha das nosas seis fillas nos anunciou que virían xunta nosa, ela e dúas das súas irmás xunto co neto Luca de 4 anos a pasar tan so 3 días con nos, aproveitando uns prezos baixos no billete de avión Eindhoven-Alacant. E así foi coa alegría que nos deron. O malo foi, que coincidiu eses tres días, co temporal de neve, choiva e oleaxe na mar que fai moitos anos non se recordaba na costa do Mediterráneo, dende Cataluña ata Almería; o que practicamente as obrigou a estar na casa familiar falando, rindo e contando cousas.

Coma é natural en toda conversa onde participan catro ou cinco persoas, entrecrúzanse distintas opinións, pareceres, coñecementos e experiencias que, se se dan en respecto, enriquece o coñecemento de todos e gozan da compañía. A climatoloxía axudaba con raios e tronos; chuvia e mais chuvia vendo as noticias na televisión e as fillas conectándose a través do watschap e skype cos seus respectivos esposos(nosos xenros) e fillos (nosos netos), coincidindo todo isto, co clima enrarecido da corrupción e a disputa política que estamos a vivir tódolos días que, a un comentario meu acerca da situación que aquí se vive, unha delas, Susana, me retrucou: “pois papá…, non penses que en Holanda todo está ben…” e me expuxo o que sigue: “fai tempo, denunciaron que nas farmacias ían cobrar por “informar” dos medicamentos que os médicos receitan. Se unhas pastillas o seu custe era de 3 euros, a información sería de 10 euros (por poñer un exemplo) e 13 sería o seu custe a quen ousase pedir esa información. Os que a rexeitaran de principio, (a información), so pagarían os 3 euros, que era o seu valor”. Seguir lendo

O futuro das igrexas: ¿derribo ou uso comercial e social?

Quizás me adiante un pouco na previsión de futuros posíbeis pero…, sempre (quere dicir toda a miña vida) escoitei ese fatalismo hispánico, de que “levamos 40 anos de atraso con respecto a Europa” cada vez que toca comentar ou tratar temas, que na península gozan duns privilexios ou tradicións que neses países ou mundos mais “civilizados” non se dan ou están mellor regularizados e tratados, sinalando e mirando a Europa pra ver se “alguén reflexiona”.

É o paradoxo da “Festa do touro” en todas as versións, que o asasinan con fórmulas ou técnicas que chaman arte, entretemento, espectáculo ou diversión. Algunhas delas, raiando o sadismo e que na actualidade está a ter unha contestación social que aumenta día a día, e que pon o maltrato animal no centro do debate político.

Outro exemplo que nos diferencia, é o tratamento da relixión. No país que estiven a traballar, as relixións non saen á calle a expresar a fe dos seus seguidores e devotos, non hai procesións nin gozan do potencial económico, político e mediático que goza a Igrexa Católica no Estado Español.

Penso, que as diferencias en todos os ordes que se dan entre España e Europa, ven dado do cambio protagonizado no ano 1936 co golpe de estado dado polas oligarquías hispanas en contra da 2ª República. A partir diste feito, o Estado Español e todas as súas xentes, quedamos presos, controlados e vixiados sen posibilidade de avanzar nos mesmos termos que avanzaron case todos os países europeos, a pesar da gran guerra que padeceron e sufriron. Ditadura que non foi xulgada e que goza de bo predicamento nesta “imperfecta” democracia “a la española”. Non sei se os cambios chegarán a esta Península neses 40 anos que sempre se mencionan, ou se precisarán doutros 40 mais, por iso de que somos “diferentes” e os extremismos aínda están sen resolver. ¿Podemos imaxinar á Catedral de Santiago de Compostela coma un gran centro comercial?, ¿ou a moitas das igrexas que van deixando de ter culto e uso relixioso, sexa na Galiza coma en toda España?. Iso é o que as persoas temos a obriga de poñernos ao día, sen fatalismos e con respecto cara os crentes. Seguir lendo