Razoamentos teóricos do Proxecto “FICOS”

Dende fai uns poucos anos, ando a darlle forma “práctica” a un proxecto ou idea que foi nacendo no meu ser e pensar coma observador dos moitos contrastes que se dan no decorrer dos días, semanas, meses e anos, na que a actualidade o mesmo nos trae noticias gratificantes coma que de repente o mundo se escurece duns nubarróns que non teñen nada que ver ca climatoloxía e si moitísimo máis ca acción depredadora que asMeditationes_de_prima_philosophia_1941 persoas humanas, no seu conxunto, periodicamente conformamos coma negros nubarróns na nosa existencia.  En calquera tempo que un mesmo nace á vida, esta xa está condicionada ás formas e actuacións que outros seres foron creando nunha continua herdanza xeracional.  Por tanto, a nova vida é allea a esas condicións é, coma ser vivo que precisa do alimento e da calor maternal, a súa próxima vida dependerá case en exclusiva das condicións, situacións e actuacións nas que estean seus proxenitores en primeiro lugar, e logo nas condicións, situacións e actuacións que se encontren a diversidade de núcleos vivos e organizados que os arrodean.

Esta criatura é moi sensible, precisa da protección, coidados, alimento e mañas ou saberes dos proxenitores ou, en todo caso substitutos, para fortalecer e desenvolver a súa existencia. Ao mesmo tempo que é moi sensible á calidade da atención das súas necesidades biolóxicas que precisa pra vivir, é tamén súper sensible ao exterior que o arrodea coma un dos condicionantes que percibe para que poda seguir en vida e crecendo.  É herdeiro dos temores e sensibilidades dos seus maiores xa dende o ventre da nai, é herdeiro das situacións nas que se encontren eses maiores, do mundo que o arrodea, é herdeiro inconsciente do nivel de desenvolvemento e calidade de vida na que os seus maiores están inmersos, é herdeiro inconsciente dos avances sociais, ou en todo caso dos atrasos, é herdeiro inconsciente dos saberes que xeración tras xeración as sociedades humanas aportan á calidade de vida, así coma tamén é herdeiro de moitos mundos que o atemorizan e encadean para que non poda ser libre e creador. Seguir lendo

Advertisements

Teoría da vida e da intelixencia

Porqué pretendo escribir e teorizar sobre a orixe da vida e da intelixencia conformada nun ser bioloxicamente animal?, e porqué me atrevo eu a expresar o meu pensamento?.Son consciente das moitas limitacións que cada persoa, no seu particular status ten en relación con todo o mundo que o arrodea e engloba nun vivir social, imaxinativo, profesional, tecnolóxico, teórico, ideolóxico, científico e mil e cen formas concretas, no que a persoa e súa propia intelixencia desenvolven no decorrer da súa existencia.  Por estas razóns, pola tea de araña ou rede de combinacións posíbeis, na que todo pode estar suxeito a infinidade de variantes, a teorización e desenvolvemento dunha idea non pode estar suxeita a estritas normas desenvolvidas por persoas png-foto-de-teoria-da-vidaexclusivas e dotadas duns coñecementos profesionais que carecemos moitos pois, na infinidade de variantes, as experiencias e valores intelixentes de moitas persoas que carecen dunha formación profesional e académica poden ter luces intelixentes que, sen o academicismo privilexiado sexan quen de estar máis preto das realidades, tanto teóricas coma científicas nun mundo no que so se tatexa con teorías indemostrables. Seguir lendo

O ser feminino

Historica e palpablemente, a demostración de que a persoa, cualificada de humana pero  que non distingue en quen son humanos e quen animais nos seus actos, obras e sentires, está no uso e utilización do ser feminino, da muller, da esposa, da filla, dise ser igual e complementario da vida da persoa humana que conforma co ser masculino, e que a través de todos os séculos da existencia, o ser masculino utilizou e sigue a utilizar a ese “outro” para o seu propio beneficio en tódolos ordes, tanto domésticos coma instrumento de uso sexual sen compromiso, coma a apropiación da súa vontade, dos seus saberes, valores e capacidades; de regular a vida dise sexo feminino coma se o ser masculino fora “dono” de algo que é “igual” e complementario, ou quizais máis importante para a Imagen embarazoexistencia que o ser masculino.  A forza física, os comportamentos do ser animal que aniña no home e que o afasta do ser humano, son as ferramentas e instrumentos que utiliza a gran maioría do ser masculino para o seu propio beneficio, para os seus intereses e para o pracer sexual, que non ten límites no obsceno, e para asegurar ese pracer na estruturación da relación social, marcando os límites a acción e vontade da muller, do ser feminino. Seguir lendo

Da vida e súas garantías

Cando nacemos, cando vimos á vida, cando nos crearon, algo extraordinario sucede fotos-margarita-149porque, tanto si os creadores, irmáns, irmás, avós e demais familia se aledan desa nova criaturiña, coma se for o froito dunhas persoas que non o desexan, ou for un produto dun abuso, de experimentación ou de calquera circunstancia que marcan unhas diferenciacións á normalidade transmisora de vida, o certo é, que xunto a ese corpiño tan bonito e tan indefenso, nace unha nova intelixencia que percibe e capta todo o mundo exterior, e tamén o interior que o arrodea.

Nace unha potencialidade intelixente, que terá súas limitacións principais no círculo social no que estean integrados os seus proxenitores. Seguir lendo

A ciencia da administración humana

Pra empezar o desenrolo dunha idea, paso a contar unha noticia que se deu tempo atrás:  En Filipinas, nun estado gobernado por un achegado á actual máxima dirixente do país, uns seguidores ou militantes que conforman patrullas para policiais, e parece ser que liderados por un dos moitos fillos que ten de “catro” mulleres do citado gobernador, “despezaron” a avogados, periodistas e familiares dun opoñente político que fixo público o seu desexo de presentarse ás próximas eleccións para o cargo de “gobernador” do tal departamento, estado, provincia ou rexión se trate…      administracion-publica

A noticia -daquela- recorreu mundo e medio, e así mesmo, as televisións nos deron os reportaxes gráficos desa realidade:  dos corpos mortos e violentados pola forza bruta, na beira dos camiños das nosas vidas.

Dúas ou tres nocións nos quedan na retina do noso cerebro: a “Administración da cousa Pública” e o dominio de todos os seus resortes, nos leva a moitos, a actuar con toda caste de recursos e medios con tal de chegar a ser o posuidor de ese poder, do dominio da esfera social que nos arrodea. Seguir lendo

Apuntamentos ao expresado no escrito: “Teoría da vida e da intelixencia”

No dia que escribín eses papeis, reflexo un pensamento que xa tiña madurado dende facía tempo.  A dificultade principal, atópase en que un non vive de escribir, nin do estudo, nin dun traballo profesional que se relacione con estas cousas; ca ensinanza, ca filosofía, ca socioloxía, cas ciencias, ca natureza, ca bioloxía ou tantas materias que son quen de facer pensar, colaborar, practicar, contrastar, etc., e a maduración dun pensamento, limítase por tanto, ó plano teórico que, por unha parte, está limpo de influencias, e pola outra, madura na observación diaria de todo o que nos arrodea na variedade infinda de tantas culturas, tantos pensamentos, tantos fanatismos, tantos dirixismos elitistas, tanta natureza e tanto avance científico que, paseniñamente, vai facendo uso de novos descubrimentos, novas enerxías, novas capacidades e novas situacións coma reflexo da “evolución” constante e paulatina a que estamos sometidos, coma consecuencia directa do feito transcendental de sermos, ¡intelixentes!.png-foto-de-teoria-da-vida

Escribía eu que: “A persoa humana camiña ao ritmo do desenvolvemento intelixente”, é: “As persoas necesitamos de luces intelixentes aportadas por outras persoas que esperten en nos novas vías e formas que axuden a comprender” e especificamente, escribía que: “A vida existe, non hai principio, non hai fin…”, é: “Hai miles, millóns, trillóns…, de enerxías descoñecidas á mente e intelixencia que temos desenvolvido”, e escribín tamén coma moi importante: “Dentro do mundo cerebral intelixente, atópanse unhas enerxías…, etc.”. Seguir lendo

¡Nunca mais unha guerra!

Debéramos dicir, afirmar e conseguir todos os homes e mulleres que nacemos e vimos á 8-mitos-sobre-la-primera-guerra-mundialvida, que pasamos en tránsito por ela, dende a non existencia ata deixar de existir fisicamente. Porque precisamente, é a “intelixencia” a que nos distingue do ser “animal”, e é esa “intelixencia deshumanizada” a que nos leva a converter ao ser humano en algo infinitamente peor que todos os animais xuntos, e a guerra, todas as guerras, nos converten a todos en “salvaxes deshumanizados”, porque é a mostra palpable das incapacidades humanas de arranxar todos os asuntos que afectan a todas as sociedades, con formas e maneiras propias de seres intelixentes é, humanos… Seguir lendo