Porqué son galeguista

-Son galeguista porque nacín na Galiza.                    9577579189_efda742551_o

-Son galeguista porque, nacendo na Galiza, non fun ensinado na nosa propia lingua. Se nos ocultou e fomos obrigados, no ensino, a aprender outra fala que non é nin era, a do noso pobo.

-Son galeguista porque, a nosa historia foinos ocultada, asimilada e manipulada, ensinándonos outra historia onde, coma pobo e reino antigo, fomos desaparecidos, humillados e ignorados na cultura imperial castelá.

-Son galeguista porque, o franquismo sociolóxico aínda hoxe, nega os nosos dereitos coma pobo, poñendo por diante dese dereito, unha unión á forza construída sobre a base dunha ditadura, das elites económicas e empresariais que a sustentaron, da monarquía que non eliximos, e dunha Igrexa Católica que apoiou o xenocidio franquista. Seguir lendo

Advertisements

Falemos…, da política

Catedral de BarcelonaEscribir…, non me entran ganas de escribir da actualidade na que todo xira ó redor de Cataluña e o Estado Español, pero, falemos… Abundan escritos e visións distintas das problemáticas que se están a dar; observo moito apaixonamento e medidas de forza que non traerán nada bo; na confrontación, parece que o difícil é aportar visións de futuro que canalicen axeitadamente a convivencia entre persoas con distintas culturas e identidades sen que chegue a sangre ó río. O desánimo, e lectura de tanto artigo de opinión, levoume a recordar e ler, uns escritos meus de fai nove anos que pareceran premonitorios da actualidade, pero que son, na verdade, para todo tempo e lugar porque non deixan de reflectir as actitudes humanas. Copio tan so, un pouco do escrito no ano 2008:

“O pasado, a historia da humanidade, analizándoa criticamente, nos ensina que a intelixencia deu en conformar un poder e someter aos demais, aos iguais, ós designios e caprichos do poderoso.  Así se conformaron eses poderes e se lles foi dando -e sigue- nomes diversos segundo o lugar.  De faraóns, reis, emperadores, caudillos, zares, césares e moitos máis nomes que significan o mesmo: poder absoluto, está chea a vida da especie humana, e coma tal, o vivido baixo todas esas formas absolutistas do poder. Seguir lendo

¿Isto é democracia?

O pasado mes de setembro, escribín un artigo titulado: “¡Visca Cataluña!, ¿e Galiza qué?”, ca intención de deixar reflectida a miña posición no conflito que estamos a vivir intensamente nestes días. Os días pasan e fomos testemuñas das accións do chamado “procés” e da acción do goberno do estado, que tivo a súa máis alta repercusión mediática, política e social tanto en Cataluña coma no Estado Español no 1 de outubro onde, non pudendo facerse cas furnas e outros medios de votación, a policía e garda civil, recibindo ordes das máis altas estruturas do estado de impedir se votase, utilizaron a violencia contra familias enteiras, xente nova e maior que non entendían esa violencia nun acto democrático, o de votar, que eles entendían non se pode prohibir, porque a vontade colectiva dun pobo, é superior ás leis feitas cos intereses alleos a ese pobo. Seguir lendo

O chaman Democracia, ¡e non o é!

O título deste artigo, fíxose famoso a partir do Movemento dos Indignados, tamén chamado 15M que, a partir do 15 de Maio do 2011 esixían máis democracia, máis participación, auténtica división de poderes e terminar co dominio da banca e as finanzas nas decisións de estado e goberno. E sigue a estar presente este título hoxe, con motivo do Referendo de Cataluña convocado “ilegalmente” polo goberno da Generalitat.

Estamos a oír as palabras “Democracia, Lei, Estado de Dereito, ilegalidade, Garda Civil,lo-llaman-democracia-y-no-lo-es Policía, Mossos de Escuadra, Fiscalía, multas, sedición, non se celebrará, estado de excepción, art.155, etc.”, acompañados duns crispados debates nas televisións e múltiples artigos periodísticos que están a caldear un ambiente de confrontación en dous modelos antagónicos que lle dan ou non, contido democrático, ás accións que toma o goberno do Estado, representado por o Partido Popular, e o goberno da Generalitat, representado por unha confluencia de tres partidos catalanistas, que están a levar a un choque que repercutirá no futuro deste Estado e esperemos que non sexa violento. Seguir lendo

¡Visca Catalunya! ¿E Galiza, qué?

6 de Setembro, día sinalado e anunciado de que ía ser conflitivo a nivel político e mediático no Estado Español. ¡E así foi!, xa de mañá, todos os media enfocando o Parlament de Catalunya dando conta do que alí sucedía e activando os análises e opinións de expertos e clásicos tertulianos que opinan de todo, conformando un estado de tensión que o visualizaban axeitadamente os membros do goberno, na “garda” que montaron pra contrarrestar as decisións que se ían tomando no Palau da Generalitat Catalana.

¿É?…, sigue a tensión, “choque de trens” escriben algúns. Aprobouse a Lei de Referendo logo dun día cargado de imaxes para o recordo e a Historia, con ausencia dos deputados de PSOE, Cidadáns e Partido Popular que, este último, deixaron as bancadas valeiras, pero cubertas os seus respaldos con bandeiras españolas e catalás a modo de símbolos que chamaron a atención dos telespectadores, e tamén, da deputada de Podemos Angels Martínez Castells que, moi maior ela, sentiuse ofendida das bandeiras españolas, e foinas retirando sen que fora molestada ou non oíra á Presidenta do Parlament para que as deixara. Seguir lendo

Juana Rivas: ¿lei, contra sentimento materno?

 

                                                               ¡Reflexións!

Hoxe 25 de Agosto, acabo de escoitar a noticia de que o xulgado nº 3 de Granada, emitiu un auto para que o próximo luns día 28, Juana Rivas entregue seus fillos a seu ex esposo, do cal fuxiu dende Italia a España levándose con ela aos dous fillos de ámbolos dous, por considerar que así os protexía a eles e así mesma.

Parece ser, que as leis entre países e mesmo dentro dun país europeo en canto á protección dos menores e sobre todo, da nai, réxense por conceptos relixiosos ao estilo islámico, onde  o pai é “o rei” tanto dos fillos coma da muller, ou…, ¡mulleres!

Non entendo de leis, entendo de sentimentos. E coma pai de seis fillas, once netos e netas, e dúas bisnetas digo: que un home, nunca xamais debe pretender arrincar seus fillos do regazo e amor maternal, a non ser, que demostrado e palpablemente, autoridades e expertos pertinentes, certifiquen que esa nai é prexudicial para a educación de tales fillos, tendo en conta, que a deficiencia económica e cultural non poden ser escusas para impedir a crianza dos fillos. Seguir lendo

Venezuela, contando mentiras…

¡Qué tranquilidade!…, levamos xa uns días que nos deixaron tranquilos tertulianos, reporteiros especiais, locutores e presentadores da radio e televisión, primeiras páxinas de diarios de papel e dixitais, deputados, ministros e ata o Presidente Rajoy que tan preocupados nos facían ver nas súas declaracións, por os “nosos irmáns” venezuelanos.

venezuela-pazA verdade, non sei de onde sae tanta irmandade. Cando nosos “irmáns” sud-americanos están a pasar malos momentos, ben sexa por pobreza económica derivada dunhas inxustas políticas impostas por organismos internacionais ou presións externas, ou ben pola inestabilidade política que deriva en golpes de estado, e se acordan da “Madre Patria” para poder refacer súas vidas en liberdade, NON son ben recibidos, nin por nosas institucións, nin por moitos que hoxe utilizan a palabra “irmán” referíndose a Venezuela. Probas houbo moitas non fai moito tempo, cando a Arxentina sufriu o colapso económico que produciu fame e mortes con o éxodo de moitos miles dos “nosos irmáns” a esta súa querida “Madre Patria” e que non viron fora tal. Volvemos ás mesmas. O goberno da dereita do Partido Popular, tomou partido por os asuntos internos dun pobo chamado Venezuela, que dende fai tempo, mantén unha loita por o control do poder e do dominio dos seus inmensos recursos, principalmente do petróleo. Non é o único. EE.UU. tamén decidiu “apoderarse” deses recursos, exactamente igual que o intentou cas súas mentiras das “armas de destrución masiva” para apoderarse do ¡petróleo! Iraquí, e posteriormente, do Iraniano se lle houberan saído ben, seus “xenocidios”. Seguir lendo