¡Unha gaita!

De novo subo ao blog, a última das poesías que conforman o poemario Nos Países Baixos.(esquecendo unha, que non subirei por motivos persoais)

Esta, trata da musicalidade da gaita galega, e os efectos que nos causa aos galegos escoitala cando nos atopamos por terras distantes e alleas.

Unha vez expostas as 19 poesías que, xunto a outra titulada Así é Galiza que non a publico por motivos persoais, INVITO aos lectores das mesmas e a aqueles amantes da poesía, a que me expresen a súa opinión e crítica do CONXUNTO do poemario no recuadro que di: DEIXAR UNHA RESPOSTA.  Agradezo sinceridade de opinión, nos DEFECTOS que coma humano e carente de moitos coñecementos, teño do mundo da poesía.

Un saúdo e grazas por visitar este blog.

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2017/11/unha-gaita.pdf

Advertisements

Airiños da lingua

Unha semana máis, na que subo ao blog outra das poesías que compoñen o poemario Nos Países Baixos que, coma xa teño repetido nas anteriores, foi enviado a tres dos certámenes poéticos na Galiza. Espero sexa de bo agrado a súa lectura e opinión. Un saúdo a todos os visitantes destas páxinas galegas.

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2017/11/airic3b1os-da-lc3adngua-1.pdf

Irmáns…

De novo, publico unha nova poesía do poemario Nos Países Baixos que prometín subiría cada semana ao blog. Poemario que coma xa teño dito en todas as que publiquei, foi enviado a varios dos certámenes poéticos da Galiza no ano 2016 que non tiven a sorte de ser premiado. Por iso as publico, para que non queden esquecidas no mundo do ignorado. Un saúdo a todos os visitantes!

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/irmc3a1ns-pdf.pdf

Auga de orballo

Unha nova das miñas poesías inspirada e feita nun día de chuvia miuda estando sentado baixo un parasol no patio da casa. Conforma xunto con outras 19, o poemario Nos Países Baixos que enviei a tres dos concursos poéticos que teñen lugar na Galiza no ano de 2016.

Esperando sexa do agrado dos lectores, mando un fraternal saúdo a todos.

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/auga-de-orballo2.pdf

 

Os magostos

De novo, e facendo uso do compromiso que manifestei, subo unha nova poesía ao blog do poemario titulado Nos Países Baixos, que no ano 2016 enviei a diversos certámenes poéticos do país, sen resultado algún.

Se subo estas poesías a un blog, é única e exclusivamente para que non queden no mundo do inexistente e podan ser lidas e valoradas. Un saúdo.

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/os-magostos.pdf

Todas as publicadas:

https://oblogdeficos.wordpress.com/meus-poemas/

Dous paxariños (poesía)

Subo de novo ao blog, unha das poesías que conforman o poemario Nos Países Baixos que trato de publicar aquí cada semana. Esta, é pra min, a máis sentida e valiosa das miñas poesías que saíron do meu adentro en momentos dificiles. Por un tempo, pasoume desapercibida xunto con outras e escritos que tiña todo a bolígrafo, ata que a atopei sorprendido de que escribira isto, co gallo de compor un poemario do feito nos Países Baixos.

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/dous-paxaric3b1os.pdf

Dirección “Meus poemas”:

https://oblogdeficos.wordpress.com/meus-poemas/

 

 

Estrelas da noite

Coma cada semana, subo hoxe unha nova poesía do poemario Nos Países Baixos, que prometín subiría cada semana ata o total delas. Esta, é unha reflexión dos momentos que temos todas as persoas en certos momentos da nosa vida, e que vemos nas estrelas, unha axuda nas “luces” que nos transmiten.

Un saúdo a todos, Ficos.

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/estrelas-da-noite.pdf

Dirección de “Meus poemas”:

https://oblogdeficos.wordpress.com/meus-poemas/