Meus poemas

Días pasados, dinme de conta que no menú, na páxina dos “meus poemas”, (https://oblogdeficos.wordpress.com/meus-poemas/)ao premer neles, ningún se abría. Primeiro estiven a ver a qué era debido é…, coma as miñas dotes e cualidades son moi limitadas nas lides da electrónica e artiluxios dixitais, o único que puiden facer foi ir borrando o que tiña de un en un e insertando de novo cada poesía, mellorando un pouco a páxina. Ao mesmo tempo, aproveitei esta páxina do menú para incluir dentro dela o poemario meu titulado “Nos Países Baixos” co que concurrín o pasado ano do 2016 en tres certámenes poéticos do país, ¡sen resultado algún!.

Coma son 20 poemas, algún un pouco longo, cada semana. irei subindo un ata completar os 20 do total. Grazas pola visita a ista páxina, esperando sexa do seu agrado.

imagen pluma poesía

Advertisements