Cousas, de pensionistas e emigrados (2)

Recentemente, recibo carta da Secretaría de Estado da Seguridade Social en calidade de pensionista onde, a Directora Xeral deste organismo, en impreso oficial, comunícame a revalorización da pensión na cuantía do 0,25%, que se traduce en 0,96 céntimos da paga que percibo por os anos traballados na Terra.

Acompañando a este impreso oficial de “Revalorización 2017” ven tamén unha carta da Ministra de Empleo e Seguridade Social, Fátima Báñez García. Dita carta a considero “propaganda política” tanto pola irrelevante argumentación que transmite, coma o uso que se fai do sistema de comunicación dun ministerio en facer esa propaganda de partido. A ministra Sra. Fátima Báñez, non precisa dirixirse aos pensionistas para “moralizarnos”. Xa está a Directora Xeral facultada pra firmar e comunicar o aprobado polo goberno. ¿Porqué un ministro ou ministra se baixa en facer unha comunicación tan tramposa?, ¿é que non se da de conta que so os 100 euros que o ministro Sr.Nadal anunciou de aumento na factura anual da electricidade xa bota por terra a palabraría que comunica en dita carta?, ¿cal é o custe extra de enviar dita carta que todos temos que pagar?, eu, que recibo cartas a cada dous por tres de información e revalorización da miña paga holandesa, nunca se dignou un ministro a escribirme persoalmente, aproveitando a correspondencia dun ministerio cos pensionistas. Exemplos éticos, son os que precisamos por parte dos políticos que asumen responsabilidades de goberno. Seguir lendo

Advertisements