E-mocións de censura

Perdoen que me meta en política e perdoen que me meta a crítico, non son as miñas Imaxe P.Iglesiasprofesións pero…, ¿quén non é político e quén non é crítico cando hai causas para selo? Si, estamos en situación de meterse en política aínda que un non sexa nin político, nin sociólogo, nin estudoso do ramo, e o de ser críticos, todo o mundo o é cando non está de acordo co que se di, se fai, ou se oculta algo que interesa ao crítico. Días pasados, e coincidindo cun martes e trece na cultura das supersticións coma método de desprezo ou de mofa, celebrouse a tan criticada moción de censura presentada por U.Podemos no Parlamento Español. Moito lin sobre o tema este, onde U.Podemos e Pablo Iglesias en concreto, saían mal parados nos análises da gran maioría dos opinadores profesionais en diarios dixitais é, sobre todo, nas tertulias das diversas cadeas de televisión. Seguir lendo

Advertisements

A honestidade

Estes días, ou estes tempos…, que precisamente son primaverais e tempos de Imagen Pepe Mujicaconmemoracións relixiosas de Pascua e Cuaresma, están sendo días, onde a palabra honestidade así coma dignidade, ética ou honradez están ausentes no vocabulario e na práctica da acción política, periodística e institucional que debían abandeirar o exemplo a seguir, principalmente, das persoas públicas ou que exercen unha influencia directa no cidadán.

¿Qué está a pasar para que presidentes de goberno, ministros e altos funcionarios do Estado estean a mentir continuamente e sexan colaboradores necesarios nas tramas corruptas que parten de membros dos partidos que están no poder e se enriquecen a costa de todos?, ¿onde a ética e a moral nunha sociedade que precisa de exemplos honestos na práctica política que non permita a dúbida por parte dos contribuíntes e donos do público?, ¿qué espectáculo é este de ver que a “xustiza” está manipulada e se traslada á sociedade a sensación da impunidade para certos personaxes, que parece, gozan duns privilexios que os demais non temos?, ¿qué xogo é este de “mover” a fiscais e xuíces ca intención de influír nas decisións xudiciais a favor ou en contra, segundo sexan os intereses do partido que goberna?, ¿onde a independencia do chamado “poder xudicial” que está sometido ás guerras partidarias e ideolóxicas?, ¿qué guerra é esta, a que se está a librar nos medios de comunicación, nos que uns poucos tratan de ser obxectivos e imparciais na información, e uns moitos están a vomitar pestes que emporcallan o ambiente e a saúde das boas costumes periodísticas?, ¿qué medios públicos son estes, que contratan redaccións paralelas, para que a televisión de todos siga a ser a televisión do partido no goberno?, ¿qué dignidade nos ensinan certos partidos políticos e seus dirixentes que, vendo o “indecentes” que son os que gobernan, “matan” a quén o di honestamente, e se instalan nunha “oposición abstencionista” que permite a “ditadura do mutuo engano” nun xogo obsceno de culpabilizar a outros do que “puido ser e non foi, ¡porque non quixemos!”, coma claramente se manifestaron de que un é o adversario e o outro o ¡inimigo!. Ou…, aínda seguimos a enganar ao persoal?. Seguir lendo