Cousas, de pensionistas e emigrados (3)

Fai moitos anos, presenciei o desprezo, nas formas e nas palabras, por parte de algunhas persoas, cara paisanos que estiveran en países europeos que contaban algunhas das bondades que no país non se daban, botándolle en cara a fachenda que traían con aqueles coches que por aquí so os podían levar os ricos e narco-traficantes. Co tempo, e por causas distintas ás necesidades laborais, convertinme tamén eu en emigrante ido a Holanda, a través do Instituto Español da Emigración con un contrato para traballar na industria do metal. Xa instalado nunha pensión da empresa, atopeime cunha manchea de paisanos galegos coma min que, nese tempo, e quizais por o traballo doutros que me precederon, so querían galegos, e anos tardaron  en acoller de outras nacionalidades.seleccion-holandesa-1974

Na pensión, observei a paixón con que se seguía na televisión o fútbol holandés. Eran os tempos de Johan Cruyff, Ruud Krol, Johan Neeskens, Johnny Rep, Piet Keizer, Willy en Rene van de Kerkhof, Willem van Hanegen e moitos máis nunha liga apaixonante que deu, logo, na conformación da famosa selección chamada “A laranxa mecánica” que disputou a final de dous mundiais de fútbol, e creou toda unha escola de facer fútbol en case todos os clubs europeos cos Van Basten, Ruud Gullit, Ronald Koeman, Frank Rijkaard, Edgar Davis, Clarence Seedorf e adestradores de fama coma Rinus Michels. Seguir lendo

Advertisements