Si…, isto é unha ditadura!

Non o podo remediar. Dende fai un tempo, escribo pouco referente á política ou a cuestións sociais; outras ocupacións e preocupacións ocupan os meus poucos tempos pero, vista a podremia institucional que representan goberno e estado español, obríganme moral e eticamente a manifestar a miña opinión nos sucesos que se están a dar.

O estado democrático e de dereito que se supón é o garante das nosas liberdades, está sendo ocupado e conducido cara unha nova forma ditatorial, onde a democracia so é entendida en termos de conveniencias cara a loita electoral por parte dos tres xinetes do apocalipses, coma son M punto Rajoy, Pedro Sánchez e Albert Rivera. O desacougo que sinto vendo a estes tres xinetes, mais que señores, coma actúan entrelazados e unidos nos mesmos obxectivos, van cabalgando os tres e seus respectivos partidos na nova modalidade de “democracia ditatorial” que é a que están a inaugurar con motivo do chamado “procés” e a aplicación do artigo 155 da constitución que, máis que un artigo específico a desenvolver para, mediante o diálogo e os respectos democráticos, analizar as causas de o porqué os cataláns, ou parte importante deles, desexan a independencia. Iso non lles interesa! É máis importante non facer política ningunha ata que o tren se escangalle. Así, vimos o sainete de Pedro Sánchez con o no es no, convertido nun si polo baixiño imposto pola gran X dos Gal e demais colaboradores. Curioso foi cando tratou de indecente a todo un presidente de goberno que ata o cremos capaz. E este metido nos papeis de Bárcenas dicindo que non se poderá probar nada cando están máis de 900 cargos do partido metidos nos xulgados de toda España, mandándolle e-mails de ánimo e de que facemos o que podemos cando xa se sabía de toda a historia, e tódolos días nos atopamos cas mentiras coma a recente de Cristina Cifuentes e o seu Máster da discordia, ou invisible…, inda que se afunda todo o pouco prestixio das universidades españolas, con tal de mangonealo todo e ter bos súbditos que saiban cantar “a por ellos!”. Seguir lendo

Advertisements

O chaman Democracia, ¡e non o é!

O título deste artigo, fíxose famoso a partir do Movemento dos Indignados, tamén chamado 15M que, a partir do 15 de Maio do 2011 esixían máis democracia, máis participación, auténtica división de poderes e terminar co dominio da banca e as finanzas nas decisións de estado e goberno. E sigue a estar presente este título hoxe, con motivo do Referendo de Cataluña convocado “ilegalmente” polo goberno da Generalitat.

Estamos a oír as palabras “Democracia, Lei, Estado de Dereito, ilegalidade, Garda Civil,lo-llaman-democracia-y-no-lo-es Policía, Mossos de Escuadra, Fiscalía, multas, sedición, non se celebrará, estado de excepción, art.155, etc.”, acompañados duns crispados debates nas televisións e múltiples artigos periodísticos que están a caldear un ambiente de confrontación en dous modelos antagónicos que lle dan ou non, contido democrático, ás accións que toma o goberno do Estado, representado por o Partido Popular, e o goberno da Generalitat, representado por unha confluencia de tres partidos catalanistas, que están a levar a un choque que repercutirá no futuro deste Estado e esperemos que non sexa violento. Seguir lendo