Eleccións Xerais Galegas 2016

Fai bastantes anos, cando traballaba e vivía nos Países Baixos, participaba nas Eleccións Xerais Galegas coma nas do Estado Español sen problema algún, dunha forma moi sinxela, unha vez recibido os papeis, por correo certificado emitía o meu voto; o custe daquela de 6 floríns, o recibía axiña sen complicación algunha. Nos últimos 15 anos da miña estadía naquel país, votar nas eleccións ás que tiña dereito, convertéronse nun trastorno e nun prexuízo económico que contradí a esencia da lei, que especifica que, “o voto emitido dende o estranxeiro, será sen custe algún para o votante”.      imagen-elecciones

O bipartidismo do Partido Popular e o Partido Socialista Obrero Español, sen facer caso ás reclamacións que moitos emigrantes interpoñían, (eu entre eles) acordaron formas que, o único que conseguiron, foi reducir progresivamente o interese dos emigrantes en votar e participar da gobernanza democrática de quén lles debe representar. Seguir lendo

Advertisements