O tempo pasa… (poema)

Hoxe, acabo de subir unha nova poesía do poemario Nos Países Baixos que dixen subiría de un en un cada semana. Trátase da primavera, dos recordos e da emigración. Un saúdo a todos, Ficos.

Esta es la dirección: https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/tempos-de-recordar.pdf

 

Advertisements

Cousas, dos pensionistas e emigrados. (I)

Chegamos xa ao 2017, e con elo, dentro de pouco, nos tocará facer a declaración da renta eemigrantes-alemania-historia-644x362 pasar por “Caixa” da Axencia Tributaria. No curto espazo de tempo que resido no Estado Español, fíxena dúas veces; e a verdade, non me gustan as formas e o difícil que se nos fai entender o pago de impostos para un pensionista, emigrante e retornado. Non escribo coma experto, por tanto, terei moitas ignorancias ao respecto pero, coma emigrante retornado, “SEMPRE” e instintivamente, na miña cabeza e nos meus sentidos, farei -seguro que faremos- unha comparación e diferencias, con respecto ao país no que maiormente coticei impostos.

Coma os aspectos que quero abordar e expresar son ca intención de mellorar, ou de influír a tomar conciencia dos diversos aspectos positivos, e tamén dos negativos, vou a expoñer en principio, as primeiras contradicións, para logo, en outro ou outros escritos, tratar mais do mesmo. Seguir lendo