Porqué son galeguista

-Son galeguista porque nacín na Galiza.                    9577579189_efda742551_o

-Son galeguista porque, nacendo na Galiza, non fun ensinado na nosa propia lingua. Se nos ocultou e fomos obrigados, no ensino, a aprender outra fala que non é nin era, a do noso pobo.

-Son galeguista porque, a nosa historia foinos ocultada, asimilada e manipulada, ensinándonos outra historia onde, coma pobo e reino antigo, fomos desaparecidos, humillados e ignorados na cultura imperial castelá.

-Son galeguista porque, o franquismo sociolóxico aínda hoxe, nega os nosos dereitos coma pobo, poñendo por diante dese dereito, unha unión á forza construída sobre a base dunha ditadura, das elites económicas e empresariais que a sustentaron, da monarquía que non eliximos, e dunha Igrexa Católica que apoiou o xenocidio franquista. Seguir lendo

Advertisements

Falemos…, da política

Catedral de BarcelonaEscribir…, non me entran ganas de escribir da actualidade na que todo xira ó redor de Cataluña e o Estado Español, pero, falemos… Abundan escritos e visións distintas das problemáticas que se están a dar; observo moito apaixonamento e medidas de forza que non traerán nada bo; na confrontación, parece que o difícil é aportar visións de futuro que canalicen axeitadamente a convivencia entre persoas con distintas culturas e identidades sen que chegue a sangre ó río. O desánimo, e lectura de tanto artigo de opinión, levoume a recordar e ler, uns escritos meus de fai nove anos que pareceran premonitorios da actualidade, pero que son, na verdade, para todo tempo e lugar porque non deixan de reflectir as actitudes humanas. Copio tan so, un pouco do escrito no ano 2008:

“O pasado, a historia da humanidade, analizándoa criticamente, nos ensina que a intelixencia deu en conformar un poder e someter aos demais, aos iguais, ós designios e caprichos do poderoso.  Así se conformaron eses poderes e se lles foi dando -e sigue- nomes diversos segundo o lugar.  De faraóns, reis, emperadores, caudillos, zares, césares e moitos máis nomes que significan o mesmo: poder absoluto, está chea a vida da especie humana, e coma tal, o vivido baixo todas esas formas absolutistas do poder. Seguir lendo

¿Isto é democracia?

O pasado mes de setembro, escribín un artigo titulado: “¡Visca Cataluña!, ¿e Galiza qué?”, ca intención de deixar reflectida a miña posición no conflito que estamos a vivir intensamente nestes días. Os días pasan e fomos testemuñas das accións do chamado “procés” e da acción do goberno do estado, que tivo a súa máis alta repercusión mediática, política e social tanto en Cataluña coma no Estado Español no 1 de outubro onde, non pudendo facerse cas furnas e outros medios de votación, a policía e garda civil, recibindo ordes das máis altas estruturas do estado de impedir se votase, utilizaron a violencia contra familias enteiras, xente nova e maior que non entendían esa violencia nun acto democrático, o de votar, que eles entendían non se pode prohibir, porque a vontade colectiva dun pobo, é superior ás leis feitas cos intereses alleos a ese pobo. Seguir lendo

¡Visca Catalunya! ¿E Galiza, qué?

6 de Setembro, día sinalado e anunciado de que ía ser conflitivo a nivel político e mediático no Estado Español. ¡E así foi!, xa de mañá, todos os media enfocando o Parlament de Catalunya dando conta do que alí sucedía e activando os análises e opinións de expertos e clásicos tertulianos que opinan de todo, conformando un estado de tensión que o visualizaban axeitadamente os membros do goberno, na “garda” que montaron pra contrarrestar as decisións que se ían tomando no Palau da Generalitat Catalana.

¿É?…, sigue a tensión, “choque de trens” escriben algúns. Aprobouse a Lei de Referendo logo dun día cargado de imaxes para o recordo e a Historia, con ausencia dos deputados de PSOE, Cidadáns e Partido Popular que, este último, deixaron as bancadas valeiras, pero cubertas os seus respaldos con bandeiras españolas e catalás a modo de símbolos que chamaron a atención dos telespectadores, e tamén, da deputada de Podemos Angels Martínez Castells que, moi maior ela, sentiuse ofendida das bandeiras españolas, e foinas retirando sen que fora molestada ou non oíra á Presidenta do Parlament para que as deixara. Seguir lendo

O aval bancario

Unha das cousas que mais me produce noxo, é ver con qué facilidade aquí, ante unha crises producida por estamentos financeiros e institucionais, faixe pagar as consecuencias na parte mais feble da sociedade: a familia. Nos catro anos que levo por estas terras, foron miles e miles as familias sacadas e botadas con moi malas formas, das casas nas que facían vida familiar logo dun proceso de empobrecemento, nos que o Estado incumpría e incumpre garantías constitucionais en canto a vivenda e salario digno (artigos 47 e 35 da Constitución Española).

Imaxe de vivendaTiven que ver, ler e escoitar coma moitos e moitas deses afectados, quitáronse a vida a conta da forza bruta dunhas policías que cumprían o que se lles ordenaba, diluíndo así responsabilidades ante esas mortes. Mortes que deberan ser xulgadas repartindo responsabilidades alí onde houbera “ditados de forza” que producen decisión difíciles coma é o sacarse a vida. A Constitución protexe a todo cidadán ante a carencia dunha vivenda e dun salario. Se unha crise económica produce paro, e este paro produce a perdida do traballo que da o sustento e garantías de pago, é o Estado o que ten que asumir os custes ou avales da nova situación, xa que é o avalista principal de toda persoa que viva neste estado, conforme reza no articulado da Constitución. Seguir lendo

Eutanasia

Na primavera do 2015, Ruben e Dana por primeira vez, visitaron España nunhas curtas vacacións xunta nosa, os consogros do seu fillo Fredy. Ruben, amante da pesca con caña e aproveitando que estamos a dous pasos do mar, fíxose cos instrumentos necesarios é, a diario, pasaba horas e horas con ese deporte que tanto entretén e relaxa a vida das persoas. Aos poucos días de chegar, xa lucía un moreno intenso que contrastaba ca nosa pel branca de non poder expoñela aos raios do sol, por mor da doenza que collimos e da que logo fomos operados, os dous. Seguir lendo

“Chovendo” en familia.

Facía mais dun mes que unha das nosas seis fillas nos anunciou que virían xunta nosa, ela e dúas das súas irmás xunto co neto Luca de 4 anos a pasar tan so 3 días con nos, aproveitando uns prezos baixos no billete de avión Eindhoven-Alacant. E así foi coa alegría que nos deron. O malo foi, que coincidiu eses tres días, co temporal de neve, choiva e oleaxe na mar que fai moitos anos non se recordaba na costa do Mediterráneo, dende Cataluña ata Almería; o que practicamente as obrigou a estar na casa familiar falando, rindo e contando cousas.

Coma é natural en toda conversa onde participan catro ou cinco persoas, entrecrúzanse distintas opinións, pareceres, coñecementos e experiencias que, se se dan en respecto, enriquece o coñecemento de todos e gozan da compañía. A climatoloxía axudaba con raios e tronos; chuvia e mais chuvia vendo as noticias na televisión e as fillas conectándose a través do watschap e skype cos seus respectivos esposos(nosos xenros) e fillos (nosos netos), coincidindo todo isto, co clima enrarecido da corrupción e a disputa política que estamos a vivir tódolos días que, a un comentario meu acerca da situación que aquí se vive, unha delas, Susana, me retrucou: “pois papá…, non penses que en Holanda todo está ben…” e me expuxo o que sigue: “fai tempo, denunciaron que nas farmacias ían cobrar por “informar” dos medicamentos que os médicos receitan. Se unhas pastillas o seu custe era de 3 euros, a información sería de 10 euros (por poñer un exemplo) e 13 sería o seu custe a quen ousase pedir esa información. Os que a rexeitaran de principio, (a información), so pagarían os 3 euros, que era o seu valor”. Seguir lendo