A honestidade

Estes días, ou estes tempos…, que precisamente son primaverais e tempos de Imagen Pepe Mujicaconmemoracións relixiosas de Pascua e Cuaresma, están sendo días, onde a palabra honestidade así coma dignidade, ética ou honradez están ausentes no vocabulario e na práctica da acción política, periodística e institucional que debían abandeirar o exemplo a seguir, principalmente, das persoas públicas ou que exercen unha influencia directa no cidadán.

¿Qué está a pasar para que presidentes de goberno, ministros e altos funcionarios do Estado estean a mentir continuamente e sexan colaboradores necesarios nas tramas corruptas que parten de membros dos partidos que están no poder e se enriquecen a costa de todos?, ¿onde a ética e a moral nunha sociedade que precisa de exemplos honestos na práctica política que non permita a dúbida por parte dos contribuíntes e donos do público?, ¿qué espectáculo é este de ver que a “xustiza” está manipulada e se traslada á sociedade a sensación da impunidade para certos personaxes, que parece, gozan duns privilexios que os demais non temos?, ¿qué xogo é este de “mover” a fiscais e xuíces ca intención de influír nas decisións xudiciais a favor ou en contra, segundo sexan os intereses do partido que goberna?, ¿onde a independencia do chamado “poder xudicial” que está sometido ás guerras partidarias e ideolóxicas?, ¿qué guerra é esta, a que se está a librar nos medios de comunicación, nos que uns poucos tratan de ser obxectivos e imparciais na información, e uns moitos están a vomitar pestes que emporcallan o ambiente e a saúde das boas costumes periodísticas?, ¿qué medios públicos son estes, que contratan redaccións paralelas, para que a televisión de todos siga a ser a televisión do partido no goberno?, ¿qué dignidade nos ensinan certos partidos políticos e seus dirixentes que, vendo o “indecentes” que son os que gobernan, “matan” a quén o di honestamente, e se instalan nunha “oposición abstencionista” que permite a “ditadura do mutuo engano” nun xogo obsceno de culpabilizar a outros do que “puido ser e non foi, ¡porque non quixemos!”, coma claramente se manifestaron de que un é o adversario e o outro o ¡inimigo!. Ou…, aínda seguimos a enganar ao persoal?. Seguir lendo

Advertisements

Moral e ética do ser galego

Fai bastantes anos, caeron nas miñas mans por casualidade, tres follas de papel mecanografadas que poñía: “Pequeña historia de Galicia”, as lin e non puiden impedir a anguria que me invadiu e catro ou cinco bágoas que seguiron no silencio que me produciu. Era o primeiro coñecemento de algo íntimo, familiar, das nosas xentes, do noso pobo, das levadas á forza (guerras) e das levadas co engano, dunha situación miserenta imposta, dun atraso provocado e dun desprezo absoluto á dignidade do ser galego. Seguir lendo