Da vida e súas garantías

Cando nacemos, cando vimos á vida, cando nos crearon, algo extraordinario sucede fotos-margarita-149porque, tanto si os creadores, irmáns, irmás, avós e demais familia se aledan desa nova criaturiña, coma se for o froito dunhas persoas que non o desexan, ou for un produto dun abuso, de experimentación ou de calquera circunstancia que marcan unhas diferenciacións á normalidade transmisora de vida, o certo é, que xunto a ese corpiño tan bonito e tan indefenso, nace unha nova intelixencia que percibe e capta todo o mundo exterior, e tamén o interior que o arrodea.

Nace unha potencialidade intelixente, que terá súas limitacións principais no círculo social no que estean integrados os seus proxenitores. Seguir lendo

Advertisements

O futuro das igrexas: ¿derribo ou uso comercial e social?

Quizás me adiante un pouco na previsión de futuros posíbeis pero…, sempre (quere dicir toda a miña vida) escoitei ese fatalismo hispánico, de que “levamos 40 anos de atraso con respecto a Europa” cada vez que toca comentar ou tratar temas, que na península gozan duns privilexios ou tradicións que neses países ou mundos mais “civilizados” non se dan ou están mellor regularizados e tratados, sinalando e mirando a Europa pra ver se “alguén reflexiona”.

É o paradoxo da “Festa do touro” en todas as versións, que o asasinan con fórmulas ou técnicas que chaman arte, entretemento, espectáculo ou diversión. Algunhas delas, raiando o sadismo e que na actualidade está a ter unha contestación social que aumenta día a día, e que pon o maltrato animal no centro do debate político.

Outro exemplo que nos diferencia, é o tratamento da relixión. No país que estiven a traballar, as relixións non saen á calle a expresar a fe dos seus seguidores e devotos, non hai procesións nin gozan do potencial económico, político e mediático que goza a Igrexa Católica no Estado Español.

Penso, que as diferencias en todos os ordes que se dan entre España e Europa, ven dado do cambio protagonizado no ano 1936 co golpe de estado dado polas oligarquías hispanas en contra da 2ª República. A partir diste feito, o Estado Español e todas as súas xentes, quedamos presos, controlados e vixiados sen posibilidade de avanzar nos mesmos termos que avanzaron case todos os países europeos, a pesar da gran guerra que padeceron e sufriron. Ditadura que non foi xulgada e que goza de bo predicamento nesta “imperfecta” democracia “a la española”. Non sei se os cambios chegarán a esta Península neses 40 anos que sempre se mencionan, ou se precisarán doutros 40 mais, por iso de que somos “diferentes” e os extremismos aínda están sen resolver. ¿Podemos imaxinar á Catedral de Santiago de Compostela coma un gran centro comercial?, ¿ou a moitas das igrexas que van deixando de ter culto e uso relixioso, sexa na Galiza coma en toda España?. Iso é o que as persoas temos a obriga de poñernos ao día, sen fatalismos e con respecto cara os crentes. Seguir lendo