Saudade Arxentina

De novo, subo ao blog outras das poesías que conforman o poemario Nos Países Baixos que prometín subiría unha cada semana. Esta, trata de como galegos emigrados a América ou descendentes deles, ó levar un pouco tempo na “Terra soñada”, éntralles a saudade no corpo do que deixaron e viviron tantos anos.

A dirección:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2017/08/saudade-arxentina.pdf

Dirección de “Meus poemas”:

https://oblogdeficos.wordpress.com/meus-poemas/

 

Advertisements

Moral e ética do ser galego

Fai bastantes anos, caeron nas miñas mans por casualidade, tres follas de papel mecanografadas que poñía: “Pequeña historia de Galicia”, as lin e non puiden impedir a anguria que me invadiu e catro ou cinco bágoas que seguiron no silencio que me produciu. Era o primeiro coñecemento de algo íntimo, familiar, das nosas xentes, do noso pobo, das levadas á forza (guerras) e das levadas co engano, dunha situación miserenta imposta, dun atraso provocado e dun desprezo absoluto á dignidade do ser galego. Seguir lendo