Porqué son galeguista

-Son galeguista porque nacín na Galiza.                    9577579189_efda742551_o

-Son galeguista porque, nacendo na Galiza, non fun ensinado na nosa propia lingua. Se nos ocultou e fomos obrigados, no ensino, a aprender outra fala que non é nin era, a do noso pobo.

-Son galeguista porque, a nosa historia foinos ocultada, asimilada e manipulada, ensinándonos outra historia onde, coma pobo e reino antigo, fomos desaparecidos, humillados e ignorados na cultura imperial castelá.

-Son galeguista porque, o franquismo sociolóxico aínda hoxe, nega os nosos dereitos coma pobo, poñendo por diante dese dereito, unha unión á forza construída sobre a base dunha ditadura, das elites económicas e empresariais que a sustentaron, da monarquía que non eliximos, e dunha Igrexa Católica que apoiou o xenocidio franquista. Seguir lendo

Advertisements

Airiños da lingua

Unha semana máis, na que subo ao blog outra das poesías que compoñen o poemario Nos Países Baixos que, coma xa teño repetido nas anteriores, foi enviado a tres dos certámenes poéticos na Galiza. Espero sexa de bo agrado a súa lectura e opinión. Un saúdo a todos os visitantes destas páxinas galegas.

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2017/11/airic3b1os-da-lc3adngua-1.pdf

¡Visca Catalunya! ¿E Galiza, qué?

6 de Setembro, día sinalado e anunciado de que ía ser conflitivo a nivel político e mediático no Estado Español. ¡E así foi!, xa de mañá, todos os media enfocando o Parlament de Catalunya dando conta do que alí sucedía e activando os análises e opinións de expertos e clásicos tertulianos que opinan de todo, conformando un estado de tensión que o visualizaban axeitadamente os membros do goberno, na “garda” que montaron pra contrarrestar as decisións que se ían tomando no Palau da Generalitat Catalana.

¿É?…, sigue a tensión, “choque de trens” escriben algúns. Aprobouse a Lei de Referendo logo dun día cargado de imaxes para o recordo e a Historia, con ausencia dos deputados de PSOE, Cidadáns e Partido Popular que, este último, deixaron as bancadas valeiras, pero cubertas os seus respaldos con bandeiras españolas e catalás a modo de símbolos que chamaron a atención dos telespectadores, e tamén, da deputada de Podemos Angels Martínez Castells que, moi maior ela, sentiuse ofendida das bandeiras españolas, e foinas retirando sen que fora molestada ou non oíra á Presidenta do Parlament para que as deixara. Seguir lendo

Falemos galego

Unha das causas de o porqué eu escribo en galego foi, o decatarme xa moi tarde e Imaxe de Falemos galegoestando na emigración do que foi Galiza, da súa historia e do significado ata os nosos días, dunhas verbas lidas que revolucionan o sentido de ser ou non ser galego, o de: “Doma e castración do Reino da Galiza”, que leva aparellado dependencias alleas, perdida de dereitos, empobrecemento, emigracións masivas, perdida da fala e perdida do dereito a decidir o que aos galegos e galegas nos interese, sen que sexamos obxecto de ameazas e imposicións coma se foramos escravos ou servos dun poder superior, ¡que é o que nos ven sucedendo!.

Durante moitos anos, e xa dende novo, non entendía o porqué en Santiago, no centro falábase o castelán, e nas aforas, nos barrios, o galego. Xa nin falar do ensino que, ¡non existía o galego!, se nos ocultou e se nos negou o ensino na NOSA lingua, así coma a nosa historia que estaba desaparecida no bosque da Historia da España. Somos fillos da burricie cultural imposta que nos divide e nos separa coma galegos. Seguimos coma eles proxectaron, divididos e enfrontados, sen sentido do noso ser e sen sentido da dignidade de facerse respectar. E parece ser, que estamos lonxe de ter uns políticos, institucións e gobernantes, que asuman o poder da Galiza coma entidade a facerse respectar e a asumir o que os galegos e galegas decidamos. Seguir lendo

Xentes do meu lar (poesía)

Hoxe, subo unha nova poesía do poemario Nos países Baixos, que trata do meu pesimismo nas xentes do meu país, Galiza. Pesimismo que me acompaña día tras día, ano tras ano vendo a súa evolución e a pouca forza que temos os que pensamos nunha Galiza libre e dona de sí mesmo, do seu destino e futuro.

Grazas por ler estas liñas e ista poesía. Saúdos

Ficos,

A poesía: https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/xentes-do-meu-lar.pdf

Eleccións Xerais Galegas 2016

Fai bastantes anos, cando traballaba e vivía nos Países Baixos, participaba nas Eleccións Xerais Galegas coma nas do Estado Español sen problema algún, dunha forma moi sinxela, unha vez recibido os papeis, por correo certificado emitía o meu voto; o custe daquela de 6 floríns, o recibía axiña sen complicación algunha. Nos últimos 15 anos da miña estadía naquel país, votar nas eleccións ás que tiña dereito, convertéronse nun trastorno e nun prexuízo económico que contradí a esencia da lei, que especifica que, “o voto emitido dende o estranxeiro, será sen custe algún para o votante”.      imagen-elecciones

O bipartidismo do Partido Popular e o Partido Socialista Obrero Español, sen facer caso ás reclamacións que moitos emigrantes interpoñían, (eu entre eles) acordaron formas que, o único que conseguiron, foi reducir progresivamente o interese dos emigrantes en votar e participar da gobernanza democrática de quén lles debe representar. Seguir lendo