Irmáns…

De novo, publico unha nova poesía do poemario Nos Países Baixos que prometín subiría cada semana ao blog. Poemario que coma xa teño dito en todas as que publiquei, foi enviado a varios dos certámenes poéticos da Galiza no ano 2016 que non tiven a sorte de ser premiado. Por iso as publico, para que non queden esquecidas no mundo do ignorado. Un saúdo a todos os visitantes!

A poesía:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/irmc3a1ns-pdf.pdf

Advertisements

Venezuela, contando mentiras…

¡Qué tranquilidade!…, levamos xa uns días que nos deixaron tranquilos tertulianos, reporteiros especiais, locutores e presentadores da radio e televisión, primeiras páxinas de diarios de papel e dixitais, deputados, ministros e ata o Presidente Rajoy que tan preocupados nos facían ver nas súas declaracións, por os “nosos irmáns” venezuelanos.

venezuela-pazA verdade, non sei de onde sae tanta irmandade. Cando nosos “irmáns” sud-americanos están a pasar malos momentos, ben sexa por pobreza económica derivada dunhas inxustas políticas impostas por organismos internacionais ou presións externas, ou ben pola inestabilidade política que deriva en golpes de estado, e se acordan da “Madre Patria” para poder refacer súas vidas en liberdade, NON son ben recibidos, nin por nosas institucións, nin por moitos que hoxe utilizan a palabra “irmán” referíndose a Venezuela. Probas houbo moitas non fai moito tempo, cando a Arxentina sufriu o colapso económico que produciu fame e mortes con o éxodo de moitos miles dos “nosos irmáns” a esta súa querida “Madre Patria” e que non viron fora tal. Volvemos ás mesmas. O goberno da dereita do Partido Popular, tomou partido por os asuntos internos dun pobo chamado Venezuela, que dende fai tempo, mantén unha loita por o control do poder e do dominio dos seus inmensos recursos, principalmente do petróleo. Non é o único. EE.UU. tamén decidiu “apoderarse” deses recursos, exactamente igual que o intentou cas súas mentiras das “armas de destrución masiva” para apoderarse do ¡petróleo! Iraquí, e posteriormente, do Iraniano se lle houberan saído ben, seus “xenocidios”. Seguir lendo