Si…, isto é unha vergonza!

Fai pouco, escribín un artigo que levaba por título “Si…, isto é unha ditadura!”, hoxe engado outro case co mesmo título no que cambio ditadura por vergonza. Porque é unha vergonza ver e comprobar coma se mente descaradamente ante millóns de persoas que se sabe que a están mirando e escrutando nas súas intimidades mentais e faciais, que nos retrotraen a recentes casos sinistros e dramáticos onde, asasinos ou asasinas, mostraban idénticas personalidades psicopáticas ante a verdade duns feitos que, tarde ou cedo, saíron e sairán á luz con todas as consecuencias, coma se comprobou no caso do neno “Gabriel”.

É unha vergonza que se palpa no ambiente, nas conversas familiares, de traballo, estudantil e de tasca de barrio, que afecta á credibilidade de persoas e institucións que rexen as nosas vidas, que se supón, teñen que ser moral e eticamente exemplares no cumprimento das súas obrigacións, so pena de converter a democracia incipiente que nos venden, nunha ditadura formal con aparencias democráticas, coma se demostra na “personalidade psicopática” con que se minte e se aplaude aos líderes duns partidos, que moitos cidadáns xa os están a comparar cas mafias sicilianas. Seguir lendo

Advertisements

Si…, isto é unha ditadura!

Non o podo remediar. Dende fai un tempo, escribo pouco referente á política ou a cuestións sociais; outras ocupacións e preocupacións ocupan os meus poucos tempos pero, vista a podremia institucional que representan goberno e estado español, obríganme moral e eticamente a manifestar a miña opinión nos sucesos que se están a dar.

O estado democrático e de dereito que se supón é o garante das nosas liberdades, está sendo ocupado e conducido cara unha nova forma ditatorial, onde a democracia so é entendida en termos de conveniencias cara a loita electoral por parte dos tres xinetes do apocalipses, coma son M punto Rajoy, Pedro Sánchez e Albert Rivera. O desacougo que sinto vendo a estes tres xinetes, mais que señores, coma actúan entrelazados e unidos nos mesmos obxectivos, van cabalgando os tres e seus respectivos partidos na nova modalidade de “democracia ditatorial” que é a que están a inaugurar con motivo do chamado “procés” e a aplicación do artigo 155 da constitución que, máis que un artigo específico a desenvolver para, mediante o diálogo e os respectos democráticos, analizar as causas de o porqué os cataláns, ou parte importante deles, desexan a independencia. Iso non lles interesa! É máis importante non facer política ningunha ata que o tren se escangalle. Así, vimos o sainete de Pedro Sánchez con o no es no, convertido nun si polo baixiño imposto pola gran X dos Gal e demais colaboradores. Curioso foi cando tratou de indecente a todo un presidente de goberno que ata o cremos capaz. E este metido nos papeis de Bárcenas dicindo que non se poderá probar nada cando están máis de 900 cargos do partido metidos nos xulgados de toda España, mandándolle e-mails de ánimo e de que facemos o que podemos cando xa se sabía de toda a historia, e tódolos días nos atopamos cas mentiras coma a recente de Cristina Cifuentes e o seu Máster da discordia, ou invisible…, inda que se afunda todo o pouco prestixio das universidades españolas, con tal de mangonealo todo e ter bos súbditos que saiban cantar “a por ellos!”. Seguir lendo