Falemos…, da política

Catedral de BarcelonaEscribir…, non me entran ganas de escribir da actualidade na que todo xira ó redor de Cataluña e o Estado Español, pero, falemos… Abundan escritos e visións distintas das problemáticas que se están a dar; observo moito apaixonamento e medidas de forza que non traerán nada bo; na confrontación, parece que o difícil é aportar visións de futuro que canalicen axeitadamente a convivencia entre persoas con distintas culturas e identidades sen que chegue a sangre ó río. O desánimo, e lectura de tanto artigo de opinión, levoume a recordar e ler, uns escritos meus de fai nove anos que pareceran premonitorios da actualidade, pero que son, na verdade, para todo tempo e lugar porque non deixan de reflectir as actitudes humanas. Copio tan so, un pouco do escrito no ano 2008:

“O pasado, a historia da humanidade, analizándoa criticamente, nos ensina que a intelixencia deu en conformar un poder e someter aos demais, aos iguais, ós designios e caprichos do poderoso.  Así se conformaron eses poderes e se lles foi dando -e sigue- nomes diversos segundo o lugar.  De faraóns, reis, emperadores, caudillos, zares, césares e moitos máis nomes que significan o mesmo: poder absoluto, está chea a vida da especie humana, e coma tal, o vivido baixo todas esas formas absolutistas do poder. Seguir lendo

Advertisements