“Ahora Madrid”

Fai pouco mais de dúas semanas, toda a prensa de este Estado Español, amenceu con aBuen-periodista_EDICRT20151016_0008_3 noticia de que os concelleiros de Ahora Madrid, Carlos Sánchez Mato e Celia Mayer, habían sido imputados e citados a declarar por prevaricación e malversación. Aos poucos días e cunha ben orquestrada campaña de declaracións de políticos relevantes, e a “case” totalidade de opinadores e tertulianos que temos nos medios televisivos coma de papel e dixitais, pedían de U.Podemos, e concretamente do goberno de Ahora Madrid que preside Manuela Carmena, a destitución de ámbolos dous concelleiros en honor dos compromisos e normas éticas que U.Podemos asumiu no seu réxime interno. Esixencia que ampliaron a unha reprobación a ditos concelleiros no concello madrileño, impulsada polo Partido Popular e secundada por Ciudadanos e o PSOE que, incomprensibelmente coma aliado no goberno, sumouse á reprobación sen facer caso da “opinión xurídica e legal” que unha ex xuíza explicou na cámara madrileña.   Seguir lendo

Advertisements

Antonio Banderas e os comunistas

O pasado sábado 20 de Maio, leo un artigo no Galicia Dixital de M.Molares do Val no que,Imaxen Antonio Banderas parece xa costume neste periodista, mostra unha fobia enfermiza cara U.Podemos e seus dirixentes, que o leva a facer unhas críticas desapiadadas carentes de rigor informativo na busca da descualificación coma referentes políticos da actualidade, aproveitando sempre, determinadas actuacións dalgún dos seus principais dirixentes na súa labor social e política. O citado artigo, trataba dun proxecto cultural na cidade de Málaga, lugar de nacemento e formación coma actor de A.Banderas que o citado periodista Sr.do Val foi incapaz de explicar en qué consistía o tal proxecto e as desavinzas producidas. Escribiu so as súas fobias argallando catro letras e incidindo nas descualificacións a Podemos e I.U. baseándose nunha noticia, que xa de principio, viña contaminada pola carta que A.Banderas escribiu no diario SUR de Málaga, aludindo ás súas razóns para abandonar o tal proxecto. Non me volvín a preocupar por este artigo, porque nada aportaba coma non foran esas descualificacións gratuítas. Seguir lendo

O medo coma método

Fai tempo, nunha conversación telefónica cun familiar meu, fixen unha pregunta sobre as eleccións ás alcaldías que naqueles momentos íanse celebrar. A pregunta era irónica cara o ínclito Paco Vázquez, que de novo optaba a renovar o seu mandato ao fronte do Concello da Coruña. Na contestación, díxome o meu familiar: ¿e qué queres…, que vote polo Bloque, a eses que queren a guerra?. Resposta que me desconcertou e que non lle vía relación algunha a esas eleccións. Poucos días despois, recibo o semanario “A Nosa Terra” ao que estaba subscrito e que chegaba sempre con retraso, xa na portada, vexo o de o porqué da resposta do meu familiar: unha reportaxe con fotografía de portada de Manuel Fraga Iribarne, na que se resaltaba con letras grandes, palabras súas na Televisión Galega arengando aos galegos a non votar por “eses nacionalistas que queren traernos a guerra”. Seguir lendo

Hipócritas, mentireiros e manipuladores

Levo un tempo, dubidando se tratar un tema que a diario está nos medios, que por veces da noxo ver e escoitar, ou deixalo pasar porque son moitos os que escriben sobre estas cousas, e a miña, poda que sexa unha mais do montón que non vai aclarar nada. Penso que así será, por moi ben que me exprese, dado o estado de ánimo e crispación instalado na sociedade podemos-imagenpero, ¿Porqué calar o meu parecer e pensamento?, será un mais que axude, ou non, á diversidade de pareceres que conforman a razón e a opinión das cousas.

Hipócritas, mentireiros e manipuladores, é o que constato nos poucos anos que levo por estes lares, logo dunha emigración prolongada que, ao ser, de novo, espectador e actor en igualdade de condicións que os meus concidadáns, leo e escoito artigos de opinión, informacións, noticias e debates que enchen todo o panorama político español.

Seguir lendo