“Sociale Dienst”

Recentemente, nos días pasados, unha muller de 81 anos que vivía soa, morreu no incendio da casa onde vivía. O motivo deste incendio, parece, foi debido a que a empresa subministradora da electricidade, cortouna por falta de pago sen comunicarllo ao concello, de Reus (Cataluña) impedindo desta forma un posible acordo de asistencia a dita muller que, pra poder ver e quentar, utilizaba velas que de algunha forma prenderon no mobiliario da casa.      incendio-reus-sra-rosa

Este caso, que parece desbordou o vaso da tolerancia e paciencia da cidadanía, nos recorda a todos, que en España hai 5 millóns de persoas pobres, que se lle corta a luz nun ano a 653.000 fogares por non poder pagala, que o custe da luz sube a cada pouco e o cifran nun 70% nos últimos anos, que o beneficio económico das eléctricas se cifran en miles de millóns, que o goberno do Partido Popular parou e para, todas as iniciativas encamiñadas a solucionar en parte a asistencia aos mais vulnerables, que os salarios baixaron e o dereito ao traballo converteuse nunha lotaría que fai insegura a planificación familiar con ingresos de miseria e a ser vítimas do empresariado sen escrúpulos; 2.300 persoas nun ano que morren coma consecuencia das malas condicións económicas nas que o “sistema” capitalista empuxa á exclusión, persoas que viven dun fío, asistidas por máquinas que traballan ca electricidade e que xeran un alto consumo a cargo de familiares que non o poden asumir, ameazados día si e día tamén, por unha falta de responsabilidade do “Estado de Dereito”que para outras cousas, si acoden a esta expresión, tanto os diversos gobernos, coma personaxes diversos cando queren armarse de razóns ante o inxustificable.

Pero isto, xa está mais que exposto na diversidade de medios e foros. Eu, pretendo “informar” a meus hoxe concidadáns, doutras sociedades onde, tamén morren persoas, nun incendio provocado polo lume dun braseiro mal apagado e outras formas de infortunio pero, as condicións de vida dunha a outra sociedade, é abismal en canto a seguridades para o conxunto do estado. Seguir lendo

Advertisements