Apuntamentos ao expresado no escrito: “Teoría da vida e da intelixencia”

No dia que escribín eses papeis, reflexo un pensamento que xa tiña madurado dende facía tempo.  A dificultade principal, atópase en que un non vive de escribir, nin do estudo, nin dun traballo profesional que se relacione con estas cousas; ca ensinanza, ca filosofía, ca socioloxía, cas ciencias, ca natureza, ca bioloxía ou tantas materias que son quen de facer pensar, colaborar, practicar, contrastar, etc., e a maduración dun pensamento, limítase por tanto, ó plano teórico que, por unha parte, está limpo de influencias, e pola outra, madura na observación diaria de todo o que nos arrodea na variedade infinda de tantas culturas, tantos pensamentos, tantos fanatismos, tantos dirixismos elitistas, tanta natureza e tanto avance científico que, paseniñamente, vai facendo uso de novos descubrimentos, novas enerxías, novas capacidades e novas situacións coma reflexo da “evolución” constante e paulatina a que estamos sometidos, coma consecuencia directa do feito transcendental de sermos, ¡intelixentes!.png-foto-de-teoria-da-vida

Escribía eu que: “A persoa humana camiña ao ritmo do desenvolvemento intelixente”, é: “As persoas necesitamos de luces intelixentes aportadas por outras persoas que esperten en nos novas vías e formas que axuden a comprender” e especificamente, escribía que: “A vida existe, non hai principio, non hai fin…”, é: “Hai miles, millóns, trillóns…, de enerxías descoñecidas á mente e intelixencia que temos desenvolvido”, e escribín tamén coma moi importante: “Dentro do mundo cerebral intelixente, atópanse unhas enerxías…, etc.”. Seguir lendo

Advertisements

¡Nunca mais unha guerra!

Debéramos dicir, afirmar e conseguir todos os homes e mulleres que nacemos e vimos á 8-mitos-sobre-la-primera-guerra-mundialvida, que pasamos en tránsito por ela, dende a non existencia ata deixar de existir fisicamente. Porque precisamente, é a “intelixencia” a que nos distingue do ser “animal”, e é esa “intelixencia deshumanizada” a que nos leva a converter ao ser humano en algo infinitamente peor que todos os animais xuntos, e a guerra, todas as guerras, nos converten a todos en “salvaxes deshumanizados”, porque é a mostra palpable das incapacidades humanas de arranxar todos os asuntos que afectan a todas as sociedades, con formas e maneiras propias de seres intelixentes é, humanos… Seguir lendo