A honestidade

Estes días, ou estes tempos…, que precisamente son primaverais e tempos de Imagen Pepe Mujicaconmemoracións relixiosas de Pascua e Cuaresma, están sendo días, onde a palabra honestidade así coma dignidade, ética ou honradez están ausentes no vocabulario e na práctica da acción política, periodística e institucional que debían abandeirar o exemplo a seguir, principalmente, das persoas públicas ou que exercen unha influencia directa no cidadán.

¿Qué está a pasar para que presidentes de goberno, ministros e altos funcionarios do Estado estean a mentir continuamente e sexan colaboradores necesarios nas tramas corruptas que parten de membros dos partidos que están no poder e se enriquecen a costa de todos?, ¿onde a ética e a moral nunha sociedade que precisa de exemplos honestos na práctica política que non permita a dúbida por parte dos contribuíntes e donos do público?, ¿qué espectáculo é este de ver que a “xustiza” está manipulada e se traslada á sociedade a sensación da impunidade para certos personaxes, que parece, gozan duns privilexios que os demais non temos?, ¿qué xogo é este de “mover” a fiscais e xuíces ca intención de influír nas decisións xudiciais a favor ou en contra, segundo sexan os intereses do partido que goberna?, ¿onde a independencia do chamado “poder xudicial” que está sometido ás guerras partidarias e ideolóxicas?, ¿qué guerra é esta, a que se está a librar nos medios de comunicación, nos que uns poucos tratan de ser obxectivos e imparciais na información, e uns moitos están a vomitar pestes que emporcallan o ambiente e a saúde das boas costumes periodísticas?, ¿qué medios públicos son estes, que contratan redaccións paralelas, para que a televisión de todos siga a ser a televisión do partido no goberno?, ¿qué dignidade nos ensinan certos partidos políticos e seus dirixentes que, vendo o “indecentes” que son os que gobernan, “matan” a quén o di honestamente, e se instalan nunha “oposición abstencionista” que permite a “ditadura do mutuo engano” nun xogo obsceno de culpabilizar a outros do que “puido ser e non foi, ¡porque non quixemos!”, coma claramente se manifestaron de que un é o adversario e o outro o ¡inimigo!. Ou…, aínda seguimos a enganar ao persoal?. Seguir lendo

Advertisements

A relixión e súa utilización política

Recen pasada a chamada “Semana Santa” na que un país case se paraliza para festexar uns aniversarios de tradicións nunha fe que, dubido moito, sexa maioritaria na práctica e seguimento, se teña que manifestar na forma e maneiras en que se fai neste Estado Español, paso a enumerar algunhas incomprensións para quen, no seu dereito, non está de acordo no uso desmesurado da relixión coma obxecto turístico e político imposto a todos os que vivimos baixo un paraugas constitucional, que di que este Estado é “aconfesional”. Seguir lendo