O chaman Democracia, ¡e non o é!

O título deste artigo, fíxose famoso a partir do Movemento dos Indignados, tamén chamado 15M que, a partir do 15 de Maio do 2011 esixían máis democracia, máis participación, auténtica división de poderes e terminar co dominio da banca e as finanzas nas decisións de estado e goberno. E sigue a estar presente este título hoxe, con motivo do Referendo de Cataluña convocado “ilegalmente” polo goberno da Generalitat.

Estamos a oír as palabras “Democracia, Lei, Estado de Dereito, ilegalidade, Garda Civil,lo-llaman-democracia-y-no-lo-es Policía, Mossos de Escuadra, Fiscalía, multas, sedición, non se celebrará, estado de excepción, art.155, etc.”, acompañados duns crispados debates nas televisións e múltiples artigos periodísticos que están a caldear un ambiente de confrontación en dous modelos antagónicos que lle dan ou non, contido democrático, ás accións que toma o goberno do Estado, representado por o Partido Popular, e o goberno da Generalitat, representado por unha confluencia de tres partidos catalanistas, que están a levar a un choque que repercutirá no futuro deste Estado e esperemos que non sexa violento. Seguir lendo

Advertisements

¡Visca Catalunya! ¿E Galiza, qué?

6 de Setembro, día sinalado e anunciado de que ía ser conflitivo a nivel político e mediático no Estado Español. ¡E así foi!, xa de mañá, todos os media enfocando o Parlament de Catalunya dando conta do que alí sucedía e activando os análises e opinións de expertos e clásicos tertulianos que opinan de todo, conformando un estado de tensión que o visualizaban axeitadamente os membros do goberno, na “garda” que montaron pra contrarrestar as decisións que se ían tomando no Palau da Generalitat Catalana.

¿É?…, sigue a tensión, “choque de trens” escriben algúns. Aprobouse a Lei de Referendo logo dun día cargado de imaxes para o recordo e a Historia, con ausencia dos deputados de PSOE, Cidadáns e Partido Popular que, este último, deixaron as bancadas valeiras, pero cubertas os seus respaldos con bandeiras españolas e catalás a modo de símbolos que chamaron a atención dos telespectadores, e tamén, da deputada de Podemos Angels Martínez Castells que, moi maior ela, sentiuse ofendida das bandeiras españolas, e foinas retirando sen que fora molestada ou non oíra á Presidenta do Parlament para que as deixara. Seguir lendo