O silencio

 

Nas nosas vidas, o ruído, o bulir das cousas que perciben os nosos oídos, é o síntoma xeral que compartimos e axudamos a crear coma necesidade para que, a través dos mecanismos audibles, entender e descifrar cada un deses sons, sexan estes de palabras das persoas coma de queixas ou xemidos de todo ser. Os ruídos son descifrados axiña polo subconsciente humano é, segundo sexa ese ruído, as reaccións transmitidas ó cerebro, poden ser moi dispares segundo a percepción temerosa.           imaxen-silenzo-mina

Son tantos e tan continuados os ruídos que os nosos oídos reciben que, non sendo os que requiren de atención, descifrado, selección e reacción imperativamente urxente(temor), ese oído se acostuma e adapta á convivencia con todo ese bulir das cousas, que coloca ao silencio, coma nun estado de rareza no que o oído non está acostumado a explorar o campo inmenso das percepcións cerebrais do silencio e o que isto pode supor para o desenvolvemento das actividades cerebrais, que son as que poden ir conformando unha intelixencia progresiva do saber e entender o universo das cousas. Seguir lendo

Advertisements