Palabras e anuncios in-decentes

 

Non levo moito tempo nesta España á que volvín logo de toda unha vida migratoria de máis de 35 anos. Tres anos xa feitos dende que deixei a “civilización”, se se pode dicir iso en canto aos respectos, sobre todo no ámbito público.television

Dous son os aspectos que desexo salientar en este escrito de opinión que observo a diario na tranquilidade do fogar, sen necesidade de introducirme noutros ambientes que posibelmente serían moi esclarecedores do resultado que,  a través da televisión, nos fai indignarnos cunha “caixa que fala” e emite imaxes e voces de moi mal gusto.

O primeiro dos aspectos, refírese á dobraxe idiomática das películas e series que a diversidade de cadeas de televisión emiten. É de supoñer, que este traballo estea encomendado a empresas cun longo historial de profesionalidade, e tamén é de supoñer, que haberá unha normativa por parte dos organismos encargados de regular estas actividades. Seguir lendo

Advertisements