Teoría da vida e da intelixencia

Porqué pretendo escribir e teorizar sobre a orixe da vida e da intelixencia conformada nun ser bioloxicamente animal?, e porqué me atrevo eu a expresar o meu pensamento?.Son consciente das moitas limitacións que cada persoa, no seu particular status ten en relación con todo o mundo que o arrodea e engloba nun vivir social, imaxinativo, profesional, tecnolóxico, teórico, ideolóxico, científico e mil e cen formas concretas, no que a persoa e súa propia intelixencia desenvolven no decorrer da súa existencia.  Por estas razóns, pola tea de araña ou rede de combinacións posíbeis, na que todo pode estar suxeito a infinidade de variantes, a teorización e desenvolvemento dunha idea non pode estar suxeita a estritas normas desenvolvidas por persoas png-foto-de-teoria-da-vidaexclusivas e dotadas duns coñecementos profesionais que carecemos moitos pois, na infinidade de variantes, as experiencias e valores intelixentes de moitas persoas que carecen dunha formación profesional e académica poden ter luces intelixentes que, sen o academicismo privilexiado sexan quen de estar máis preto das realidades, tanto teóricas coma científicas nun mundo no que so se tatexa con teorías indemostrables. Seguir lendo

Advertisements