Os dous (poema)

 

Os dous imaxen08032017Coma escribira a semana pasada no artigo de “Cousas, de pensionistas e emigrados(3)” no que relatando diferencias que se observan nun país e outro viaxando, prometín subir o poema por min escrito, na viaxe que fixera a Amsterdam con motivo da renovación do pasaporte é, no camiño de ida e volta, déuseme por escribir nun papel que levaba o que se ve na imaxe que aporto. Dito poema, xunto con outros escritos no tempo que estiven nos Países Baixos, foron mandados a tres certámenes literarios do país, no que de certo, atopei a resposta ao último dos poemas que titulei: “Non son poeta”, porque de feito foi e é así. Pero, sen saber destas cousas, atrevinme a enviar dito poemario co titulo: “Nos Países Baixos”. Un saúdo, e espero vos guste.

Os dous
¿Con quen ei de falar,
no principio e fin do destino?.

¿Con quen terei que pelexar,
pra entender os nosos camiños?.

¿Con quen ei de rir ou chorar,
nos nosos tempos perdidos?.

¿Con quen terei eu que tratar,
a vida de pais, irmáns, fillas e fillos?.

¿Con quen terei eu que afogar, rabias
e noxos, croios que baten nos nosos sentidos?.

¿Con quen debo eu intimar,
do que penso, do que sinto?.

¿Con quen debo viaxar,
por terras, ceos, mares e ríos?.

¿Con quen debe o meu ser durmir,
na longa noite do infinito?.

¿Con quen teño que compartir,
meus fracasos, meus desvaríos?.

¿Con quen ei de xogar, no patio
ou na alcoba, partidas a rabexar, á escoba?.

¿Con quen debo eu estar,
para as malas, e para as boas?.

¿Con quen está o meu corazón,
día e noite, a todas horas?.

Advertisements