Miñas filliñas (poema)

De novo subo ao blog, unha das miñas sentidas poesías que compoñen o poemario Nos Países Baixos que enviei a tres dos concursos que se celebran anualmente na Galiza.

Para acceder a ela, deixo aquí a dirección para ser copiada, así coma a dirección onde acceder a todas as que xa subín.

Dirección de Miñas filliñas:

https://oblogdeficos.files.wordpress.com/2016/07/mic3b1as-fillic3b1as.pdf

Dirección dos Meus poemas:

https://oblogdeficos.wordpress.com/meus-poemas/

Grazas e saúdos aos visitantes,

Ficos

 

Advertisements

Da vida e súas garantías

Cando nacemos, cando vimos á vida, cando nos crearon, algo extraordinario sucede fotos-margarita-149porque, tanto si os creadores, irmáns, irmás, avós e demais familia se aledan desa nova criaturiña, coma se for o froito dunhas persoas que non o desexan, ou for un produto dun abuso, de experimentación ou de calquera circunstancia que marcan unhas diferenciacións á normalidade transmisora de vida, o certo é, que xunto a ese corpiño tan bonito e tan indefenso, nace unha nova intelixencia que percibe e capta todo o mundo exterior, e tamén o interior que o arrodea.

Nace unha potencialidade intelixente, que terá súas limitacións principais no círculo social no que estean integrados os seus proxenitores. Seguir lendo