¿Que é a intelixencia?

Un 18 de febreiro do 2019 tiven unha agradábel conversa ou debate ca miña dona Victoria, a partir da definición de ¿Que é a intelixencia? Que, con toda a súa naturalidade contestoume: “Xa sabemos que é unha enerxía”

Ante esta contundente resposta de “Xa sabemos” coma se fora xeneralizado ese saber, de que a intelixencia é unha “enerxía”, violentou as miñas convicións de que non é así, de que ninguén, e principalmente científicos, filósofos ou catedráticos do saber humano, definen a intelixencia coma unha enerxía é, ao contestar contrariamente á miña dona, lle asegurei, que ninguén dirá o que ela me dixo de “Xa sabemos que é unha enerxía”. Que esa frase era un produto da nosa convivencia en común, que está próxima a cumprir os 48 anos e á infinidade de veces que eu a fixen común nas nosas conversacións a partir do momento que desenvolvín a miña teoría no escrito titulado: “Teoría da vida e da intelixencia” que logo fun ampliando con outros escritos, a través dos últimos 20 anos.

Naturalmente, miña dona non aceptou miñas palabras de que eu lle din esa definición, e que ela chegara a esa conclusión por ela mesma, non porque eu o escribira ou dixera en múltiples ocasións. Por máis dunha hora nos contradicimos en razoamentos que xustificaran o orixe do “saber” da teoría do que é, a “intelixencia” é, ocorréuseme solucionar o conflito dialéctico dicíndolle á miña dona: “Che aseguro que nin unha soa persoa das chamadas cultas e intelixentes que existen, dirá ou teña escrito que “A intelixencia é unha enerxía”, e para sabelo, o podíamos consultar na internet que a tíñamos a man no ordenador. Polo que se aledou da ocorrencia coma forma de aclarar dúbidas, e finalizar unha de tantas discusións que mantemos dos máis diversos temas.

Unha vez metidos no ordenador e no buscador Google, a esposa elixiu a frase con a que encabezo este escrito “Que é a intelixencia”, acedemos á páxina web que está na primeira posición: https://www.elmundodelsuperdotado.com/que-es-la-inteligencia/  que no seu  primeiro parágrafo o explica desta maneira: “A intelixencia é unha capacidade mental moi xeneral que implica habilidade para razoar, planificar, resolver problemas, pensar de forma abstracta, comprender ideas complexas, aprender con rapidez e aprender da experiencia”.

Coma se ve, unha descrición moi curta que non chega a unha páxina, que deposita todo seu análises nunha “capacidade mental”, pero non afonda no porqué temos intelixencia. Sorpréndome desta descrición dado que, esta páxina ou web, figura no primeiro lugar no buscador Google onde, fala de “Superdotados e Altas Capacidades” Premendo en “Quén somos” sorpréndeme ver coma se constrúen plusvalías, a partir dunha idea que a maior parte das veces, nin é propia, nin acertada ou verdadeira. Non convencido con a definición que aportaba dita web, fixen outra busca, e atópome ca web da Universidade de Navarra (España): https://www.unav.edu/web/ciencia-razón-y-fe/sobre-el-origen-de-la-inteligencia-umana  Lido este artigo de Carlos A. Marmelada, aclara que é unha ampliación ao artigo que sobre este motivo, escribiu Juan Luís Arsuaga, titulado: “O orixe da intelixencia humana” onde basea e desenvolve unha teoría no “cambio na dieta dos homínidos” Copio os primeiros parágrafos para dar unha mellor idea do que aquí se escribe acerca da intelixencia: “¿Cando comezamos a ser intelixentes os humanos? ¿Cando apareceu a nosa intelixencia? ¿Qué a fixo xurdir? ¿Emerxeu paulatinamente a partir das potencialidades da materia, tal coma xa suxeriu Darwin? ¿Responde a un acto de creación divina, coma afirmaba Wallace? Este vello debate, non perdeu súa vixencia nos nosos días.

Carroña e intelixencia

O debate sobre coma se orixinou a intelixencia humana, lonxe de estar resolto, segue sendo nos nosos días motivo de polémica. A partir de finais dos oitenta do século pasado, pero sobre todo nos noventa, foi tomando cada vez máis corpo unha explicación de corte naturalista emergentista, na que algúns científicos suxerían que un cambio na dieta dos homínidos, introducindo o consumo relativamente abundante da carne, habería dado lugar a cerebros máis grandes nos que habería podido principiar a emerxer a intelixencia. Entre estes científicos destacan Leslie C. Aiello e Peter Wheeler quen dende fai anos, veñen chamando a atención sobre este punto. Segundo eles, individuos con cerebros relativamente grandes, terían a intelixencia mínima para ser os primeiros en fabricar ferramentas con as que romper as cañas dos osos para acceder á medula, onde se atopan os nutrientes máis enerxéticos. Deste modo, unha alimentación rica en graxas animais e en proteínas, permitía un aumento progresivo do volume cerebral. E con dito incremento, un desenrolo progresivo da intelixencia.

Na España, esta teses chegou ao campo da divulgación científica da man do último libro de Juan Luís Arsuaga: Os aborixes. A alimentación na evolución humana. Nesta obra, Arsuaga insiste na idea da emerxencia natural da intelixencia humana a partir da reestruturación e expansión do cerebro, posibilitada por o aporte enerxético que proporcionaría o consumo de carne. O afamado codirector dos xacementos burgaleses de Atapuerca, cualifica o descubrimento da carroña, coma fonte de alimentación de: “O acontecer fundamental na nosa evolución”. 

Non satisfeito con esta teoría que, explicada a miña esposa nos resultou insatisfeita en canto á intelixencia se refire, lle dixen que non atoparíamos na internet a eses “sabedores de que a intelixencia é unha enerxía” que ela dicía. E para seguir e demostralo, acudín á segunda entrada que corresponde á Wikipedia: https://es.wikipedia.org/wiki/Inteligencia onde o encabezamento xa avisa: A intelixencia é un concepto difícil de definir. Unha definición sinxela a describe coma a capacidade de xerar información nova, combinando a que recibimos do exterior con aquela da que dispomos na nosa memoria. Tratase dunha capacidade xeral que inclúen varios factores: o pensamento abstracto dirixido cara a resolución de problemas ou a capacidade de adquirir coñecementos.

Ou sexa, o mesmo que na primeira web que visitei, pero ampliado. Lendo un pouco, observo o título que di: “Definición da intelixencia” con un recadro onde un tal Vernon (1960) suxeriu unha clasificación das principais definicións aportadas por afamados teóricos e científicos que reproduzo a continuación:

CH. Spearman:     Capacidade unitaria para resolver problemas e crear novos contidos.

H.J. Eysenck:        Vinculou a intelixencia biolóxica con o procesamento neuronal eficiente.

L.G. Humphreys:  Conxunto de habilidades para adaptarse ao entorno.

 H. Gardner:          Capacidade de resolución de problemas e a elaboración de produtos que                            sexan valorados.

L.S. Gottfredson:  Capacidade mental que inclúe a habilidade de razoar, planificar, resolver problemas, pensar en abstracto, comprender ideas complexas, aprender rápido e aprender da experiencia, que é máis que unha destreza académica ou do aprendizaxe por medio de libros.

Alfred Binet:         O xuízo, tamén chamado “sentido común”, “sentido práctico”, “iniciativa”, a facultade de adaptarse ás circunstancia, auto crítica.

David Wechsler:    A capacidade agregada ou global do individuo no actuar, con propósito de actuar racionalmente e de manexar eficazmente seu entorno.

Cyril Burt:              Capacidade cognitiva innata.

Linda Gottfredson: A capacidade de xestionar a complexidade cognitiva.

Sternberg y Salter:  Comportamento adaptado dirixido a metas.

Reuven Feverstein: A teoría da modificación cognitiva estrutural describe a intelixencia como “A propensión única dos seres humanos a cambiar ou modificar a estrutura do seu funcionamento cognitivo para adaptarse a os cambios dunha situación ao largo da vida.

Legg y Hutter:        “A intelixencia mide a capacidade de un axente para alcanzar os obxectivos dunha ampla gama de contornos, que han sido matematicamente formalizados”.

Doce definicións da “Intelixencia” dos máis afamados teóricos que atopo na Wiquipedia é, lido un pouco máis de dita páxina e web, comento ca miña esposa acerca da miña afirmación de que  “A intelixencia é unha enerxía, coma millóns delas, descoñecidas á mente humana no entorno universal da vida”. E esta aclaración e explicación que razoei por un tempo dunhas dúas horas, conseguín me dera a razón e a admiración da miña teoría que non teño aínda completamente desenvolta en escritos, lamentándose ela, de que non lle de forma e poida deixalo para a posteridade.

Aclareille as deficiencias culturais e formativas das que somos portadores coma impedimento principal para poder expresar esta “idea filosófica”, así coma nosa situación persoal e médica que fai difícil dedicar tempos a este tema, amén do compromiso que teño comigo de finalizar a obra narrativa que fai anos non dou terminado, que retomo de vez en cando para avanzar no seu fin. Pasados uns días desta conversa, decidín escribir sobre esta teoría para ver se a deixo aclarada, botando man do que xa teño escrito nos diversos escritos, e sen ter en conta para nada o que se teña escrito sobre o tema, dos diversos teóricos que abundan na internet coma en diversos libros que ignoro e non desexo saber os seus supostos, xa que contaminarían miña teoría, que opino, é miña e libre de influencias para, como teoría, sexa a opinión pública común, e a especializada que, “con argumentos” valore cal é a máis acertada e posible nun mundo que, dunha idea, é posible que miles e miles de personaxes saquen beneficios e plusvalías que eles non tiveron nin desenvolveron.

Teño escrito fai anos: “A intelixencia é o ser fundamental da persoa humana. É a intelixencia a que nos conforma en persoas, a que nos diferenza dos animais, a que nos da capacidades para desenvolvernos, é a que nos proporciona valores humanos ou nos converte en depredadores da existencia. Dentro do mundo cerebral intelixente, atópanse unhas enerxías; esas enerxías beben e se alimentan do social, da especie, do entorno, do familiar, da etnia, do pobo, dos seus saberes intelixentes particulares e colectivos, conforma nese ser social seu particular estado intelixente. A enerxía que desprende a intelixencia, ten dous polos opostos e complementarios que conforman a personalidade do ser individual; é precisamente a complementación deses dous polos -positivo ou negativo- o que fai que a intelixencia sexa usada tanto para crear coma para destruír, para cultivar no corpo da persoa a cobiza, o egoísmo, a maldade ou o obsceno, coma para dotarnos da sinxeleza e inocencia que nos ofrecen a maior parte dos nenos e nenas, do sacrificio e o dar dunha nai que ca súa dor nos trae a este mundo, do traballar en respecto e continuado de moitos pais que pretenden asegurar futuros imprevisibles.

Cando na persoa brilla con máis intensidade as luces da intelixencia positiva, súa vida é máis cómoda no íntimo, no familiar, no social e desenvolve con máis celeridade valores potenciais de futuras novas vías, enxeños, inventivas e formas que, no común, no social, son quen de desenvolver e de poñer ao servizo da colectividade. Concrétase a intelixencia e se suma á herdanza que iluminará novas vidas, novas intelixencias nun continuo relevo xeracional. Se por contra, as luces que máis brillan nunha persoa, xa dende pequenos, son de tipo negativo, veremos a mentira, a falsidade, a presunción, a cobiza, a avaricia, a envexa e toda forma que trata de rebaixar ao “outro”, de dominalo, de espolialo, de usalo e explotalo, de facerse grande e importante con o uso e abuso dos demais. Estamos ante un depredador que non se saciará con nada; e o mundo está, estivo e estará cheo deles porque, aínda non fomos capaces, coma persoas e intelixentes, a crear un mundo humano e humanizado en todos os resortes existenciais da vida. ¿Pode alguén dubidar de todo isto? Somos testemuñas diarias de todas as depredacións que se cometen con doces cantos e palabras moi enganosas”.

Estes parágrafos copiados do meu escrito “Teoría da vida e da intelixencia” sostén que “dentro do mundo cerebral intelixente” atópanse unhas enerxías, positiva ou negativa que conforman a nosa personalidade. ¿E porqué digo enerxías? Digo enerxías, porque a intelixencia crea e conforma enerxía que non é visible, pero si é activa tal coma moitas enerxías existentes que non se ven, pero que se palpan seus efectos e inclusive se miden e utilizan. Nosa intelixencia cerebral, aparte de ser e obrar instintivamente, aprende rapidamente do seu entorno máis directo, e herda os saberes de millóns de antepasados, se se lle poñen a súa disposición coma plataforma de novas creacións.  

No mesmo escrito antes sinalado de, Teoría da vida e da intelixencia digo: “A vida existe, non hai principio, non hai fin. Somos parte desa existencia no biolóxico e no intelixente. Hai miles, millóns, billóns, de enerxías descoñecidas á mente e intelixencia que desenvolvemos. A morte biolóxica é un produto da natureza que loita por manterse en vida. O froito que da a vida é o que rega as arterias da existencia, tanto humana coma animal, vexetal ou mineral. O que non morre porque non ten bioloxía, é a “intelixencia”. Esta queda “impregnada” nos contornos intelixentes (persoas) que tiveran capacidades de asimilación. Desta “impregnación” da intelixencia, vaise conformando o saber, o escribir, o falar, o transmitir, o comunicarse, o inventar, o gozar, o destruír,, o aniquilar, o matar a vida mesma e todo signo positivo ou negativo que en herdanza xeracional nos transmiten o transmitimos ás futuras xeracións, nun proceso continuado no que, de non triunfar as enerxías positivas do intelecto, a vida da persoa humana de este o noso planeta, desaparecerá en partículas minúsculas no océano do universo, onde poda que algunha desas partículas, atope unha terra máis fértil e onde a intelixencia se desenvolva máis plenamente positiva.

Coma se ve, escribín que “A vida existe, non hai principio, non hai fin” é, de estas nove palabras, aseguro que o que chamamos “Universo” con tantas estrelas, soles, planetas e asteroides que viaxan polo espazo, son síntomas e realidades dun mundo universal que non ten fronteiras nin límites. Sempre poderase viaxar polo espazo sen atopar nunca paredes limitadoras nin distancias que non se podan escudriñar ou percorrer de ter os enxeños transportadores e de observación precisos. O Universo non ten un principio nin un fin, é iso: Universo con millóns e millóns de astros, de soles, de planetas, de fenómenos coñecidos e fenómenos descoñecidos, de vida probablemente en moitos de eses millóns de planetas que descoñecemos nas nosas limitacións científicas dese Universo. E a vida humana, así coma súa intelixencia, son fenómenos existenciais que moi ben poderían ser o proceder doutros fenómenos sucedidos que a mente humana non pode recordar porque, ao ter un tempo limitado de existencia e non poder transmitir coñecementos, como por exemplo: unha hecatombe onde todo queda destruído e so se salva algo de vida que da continuidade á especie humana, ¿coma so unhas poucas persoas poderían transmitir coñecementos tan diversos e necesarios que as sociedades acumulan, e son a base dos adiantos científicos e materiais dos que se goza en cada momento da vida? Sería imposible e sería un novo empezar. Exemplo diso son as guerras, ¿canto atraso ocasiona a ese pobo que foi vencido, sacrificado e sometido que, para subsistir, acepta a escravitude e o abuso coma norma de vida se pretende conservar trazos de identidade propios dentro duns vencedores orgullosos e ávidos de poder?

Federico E. Ávila Soto “Ficos” /Autor deste escrito.

En Santa Pola (Alicante) 20/02/2019

A ciencia da administración humana

Pra empezar o desenrolo dunha idea, paso a contar unha noticia que se deu tempo atrás:  En Filipinas, nun estado gobernado por un achegado á actual máxima dirixente do país, uns seguidores ou militantes que conforman patrullas para policiais, e parece ser que liderados por un dos moitos fillos que ten de “catro” mulleres do citado gobernador, “despezaron” a avogados, periodistas e familiares dun opoñente político que fixo público o seu desexo de presentarse ás próximas eleccións para o cargo de “gobernador” do tal departamento, estado, provincia ou rexión se trate…      administracion-publica

A noticia -daquela- recorreu mundo e medio, e así mesmo, as televisións nos deron os reportaxes gráficos desa realidade:  dos corpos mortos e violentados pola forza bruta, na beira dos camiños das nosas vidas.

Dúas ou tres nocións nos quedan na retina do noso cerebro: a “Administración da cousa Pública” e o dominio de todos os seus resortes, nos leva a moitos, a actuar con toda caste de recursos e medios con tal de chegar a ser o posuidor de ese poder, do dominio da esfera social que nos arrodea. Seguir lendo