¿Que é a intelixencia?

Un 18 de febreiro do 2019 tiven unha agradábel conversa ou debate ca miña dona Victoria, a partir da definición de ¿Que é a intelixencia? Que, con toda a súa naturalidade contestoume: “Xa sabemos que é unha enerxía”

Ante esta contundente resposta de “Xa sabemos” coma se fora xeneralizado ese saber, de que a intelixencia é unha “enerxía”, violentou as miñas convicións de que non é así, de que ninguén, e principalmente científicos, filósofos ou catedráticos do saber humano, definen a intelixencia coma unha enerxía é, ao contestar contrariamente á miña dona, lle asegurei, que ninguén dirá o que ela me dixo de “Xa sabemos que é unha enerxía”. Que esa frase era un produto da nosa convivencia en común, que está próxima a cumprir os 48 anos e á infinidade de veces que eu a fixen común nas nosas conversacións a partir do momento que desenvolvín a miña teoría no escrito titulado: “Teoría da vida e da intelixencia” que logo fun ampliando con outros escritos, a través dos últimos 20 anos.

Naturalmente, miña dona non aceptou miñas palabras de que eu lle din esa definición, e que ela chegara a esa conclusión por ela mesma, non porque eu o escribira ou dixera en múltiples ocasións. Por máis dunha hora nos contradicimos en razoamentos que xustificaran o orixe do “saber” da teoría do que é, a “intelixencia” é, ocorréuseme solucionar o conflito dialéctico dicíndolle á miña dona: “Che aseguro que nin unha soa persoa das chamadas cultas e intelixentes que existen, dirá ou teña escrito que “A intelixencia é unha enerxía”, e para sabelo, o podíamos consultar na internet que a tíñamos a man no ordenador. Polo que se aledou da ocorrencia coma forma de aclarar dúbidas, e finalizar unha de tantas discusións que mantemos dos máis diversos temas.

Unha vez metidos no ordenador e no buscador Google, a esposa elixiu a frase con a que encabezo este escrito “Que é a intelixencia”, acedemos á páxina web que está na primeira posición: https://www.elmundodelsuperdotado.com/que-es-la-inteligencia/  que no seu  primeiro parágrafo o explica desta maneira: “A intelixencia é unha capacidade mental moi xeneral que implica habilidade para razoar, planificar, resolver problemas, pensar de forma abstracta, comprender ideas complexas, aprender con rapidez e aprender da experiencia”.

Coma se ve, unha descrición moi curta que non chega a unha páxina, que deposita todo seu análises nunha “capacidade mental”, pero non afonda no porqué temos intelixencia. Sorpréndome desta descrición dado que, esta páxina ou web, figura no primeiro lugar no buscador Google onde, fala de “Superdotados e Altas Capacidades” Premendo en “Quén somos” sorpréndeme ver coma se constrúen plusvalías, a partir dunha idea que a maior parte das veces, nin é propia, nin acertada ou verdadeira. Non convencido con a definición que aportaba dita web, fixen outra busca, e atópome ca web da Universidade de Navarra (España): https://www.unav.edu/web/ciencia-razón-y-fe/sobre-el-origen-de-la-inteligencia-umana  Lido este artigo de Carlos A. Marmelada, aclara que é unha ampliación ao artigo que sobre este motivo, escribiu Juan Luís Arsuaga, titulado: “O orixe da intelixencia humana” onde basea e desenvolve unha teoría no “cambio na dieta dos homínidos” Copio os primeiros parágrafos para dar unha mellor idea do que aquí se escribe acerca da intelixencia: “¿Cando comezamos a ser intelixentes os humanos? ¿Cando apareceu a nosa intelixencia? ¿Qué a fixo xurdir? ¿Emerxeu paulatinamente a partir das potencialidades da materia, tal coma xa suxeriu Darwin? ¿Responde a un acto de creación divina, coma afirmaba Wallace? Este vello debate, non perdeu súa vixencia nos nosos días.

Carroña e intelixencia

O debate sobre coma se orixinou a intelixencia humana, lonxe de estar resolto, segue sendo nos nosos días motivo de polémica. A partir de finais dos oitenta do século pasado, pero sobre todo nos noventa, foi tomando cada vez máis corpo unha explicación de corte naturalista emergentista, na que algúns científicos suxerían que un cambio na dieta dos homínidos, introducindo o consumo relativamente abundante da carne, habería dado lugar a cerebros máis grandes nos que habería podido principiar a emerxer a intelixencia. Entre estes científicos destacan Leslie C. Aiello e Peter Wheeler quen dende fai anos, veñen chamando a atención sobre este punto. Segundo eles, individuos con cerebros relativamente grandes, terían a intelixencia mínima para ser os primeiros en fabricar ferramentas con as que romper as cañas dos osos para acceder á medula, onde se atopan os nutrientes máis enerxéticos. Deste modo, unha alimentación rica en graxas animais e en proteínas, permitía un aumento progresivo do volume cerebral. E con dito incremento, un desenrolo progresivo da intelixencia.

Na España, esta teses chegou ao campo da divulgación científica da man do último libro de Juan Luís Arsuaga: Os aborixes. A alimentación na evolución humana. Nesta obra, Arsuaga insiste na idea da emerxencia natural da intelixencia humana a partir da reestruturación e expansión do cerebro, posibilitada por o aporte enerxético que proporcionaría o consumo de carne. O afamado codirector dos xacementos burgaleses de Atapuerca, cualifica o descubrimento da carroña, coma fonte de alimentación de: “O acontecer fundamental na nosa evolución”. 

Non satisfeito con esta teoría que, explicada a miña esposa nos resultou insatisfeita en canto á intelixencia se refire, lle dixen que non atoparíamos na internet a eses “sabedores de que a intelixencia é unha enerxía” que ela dicía. E para seguir e demostralo, acudín á segunda entrada que corresponde á Wikipedia: https://es.wikipedia.org/wiki/Inteligencia onde o encabezamento xa avisa: A intelixencia é un concepto difícil de definir. Unha definición sinxela a describe coma a capacidade de xerar información nova, combinando a que recibimos do exterior con aquela da que dispomos na nosa memoria. Tratase dunha capacidade xeral que inclúen varios factores: o pensamento abstracto dirixido cara a resolución de problemas ou a capacidade de adquirir coñecementos.

Ou sexa, o mesmo que na primeira web que visitei, pero ampliado. Lendo un pouco, observo o título que di: “Definición da intelixencia” con un recadro onde un tal Vernon (1960) suxeriu unha clasificación das principais definicións aportadas por afamados teóricos e científicos que reproduzo a continuación:

CH. Spearman:     Capacidade unitaria para resolver problemas e crear novos contidos.

H.J. Eysenck:        Vinculou a intelixencia biolóxica con o procesamento neuronal eficiente.

L.G. Humphreys:  Conxunto de habilidades para adaptarse ao entorno.

 H. Gardner:          Capacidade de resolución de problemas e a elaboración de produtos que                            sexan valorados.

L.S. Gottfredson:  Capacidade mental que inclúe a habilidade de razoar, planificar, resolver problemas, pensar en abstracto, comprender ideas complexas, aprender rápido e aprender da experiencia, que é máis que unha destreza académica ou do aprendizaxe por medio de libros.

Alfred Binet:         O xuízo, tamén chamado “sentido común”, “sentido práctico”, “iniciativa”, a facultade de adaptarse ás circunstancia, auto crítica.

David Wechsler:    A capacidade agregada ou global do individuo no actuar, con propósito de actuar racionalmente e de manexar eficazmente seu entorno.

Cyril Burt:              Capacidade cognitiva innata.

Linda Gottfredson: A capacidade de xestionar a complexidade cognitiva.

Sternberg y Salter:  Comportamento adaptado dirixido a metas.

Reuven Feverstein: A teoría da modificación cognitiva estrutural describe a intelixencia como “A propensión única dos seres humanos a cambiar ou modificar a estrutura do seu funcionamento cognitivo para adaptarse a os cambios dunha situación ao largo da vida.

Legg y Hutter:        “A intelixencia mide a capacidade de un axente para alcanzar os obxectivos dunha ampla gama de contornos, que han sido matematicamente formalizados”.

Doce definicións da “Intelixencia” dos máis afamados teóricos que atopo na Wiquipedia é, lido un pouco máis de dita páxina e web, comento ca miña esposa acerca da miña afirmación de que  “A intelixencia é unha enerxía, coma millóns delas, descoñecidas á mente humana no entorno universal da vida”. E esta aclaración e explicación que razoei por un tempo dunhas dúas horas, conseguín me dera a razón e a admiración da miña teoría que non teño aínda completamente desenvolta en escritos, lamentándose ela, de que non lle de forma e poida deixalo para a posteridade.

Aclareille as deficiencias culturais e formativas das que somos portadores coma impedimento principal para poder expresar esta “idea filosófica”, así coma nosa situación persoal e médica que fai difícil dedicar tempos a este tema, amén do compromiso que teño comigo de finalizar a obra narrativa que fai anos non dou terminado, que retomo de vez en cando para avanzar no seu fin. Pasados uns días desta conversa, decidín escribir sobre esta teoría para ver se a deixo aclarada, botando man do que xa teño escrito nos diversos escritos, e sen ter en conta para nada o que se teña escrito sobre o tema, dos diversos teóricos que abundan na internet coma en diversos libros que ignoro e non desexo saber os seus supostos, xa que contaminarían miña teoría, que opino, é miña e libre de influencias para, como teoría, sexa a opinión pública común, e a especializada que, “con argumentos” valore cal é a máis acertada e posible nun mundo que, dunha idea, é posible que miles e miles de personaxes saquen beneficios e plusvalías que eles non tiveron nin desenvolveron.

Teño escrito fai anos: “A intelixencia é o ser fundamental da persoa humana. É a intelixencia a que nos conforma en persoas, a que nos diferenza dos animais, a que nos da capacidades para desenvolvernos, é a que nos proporciona valores humanos ou nos converte en depredadores da existencia. Dentro do mundo cerebral intelixente, atópanse unhas enerxías; esas enerxías beben e se alimentan do social, da especie, do entorno, do familiar, da etnia, do pobo, dos seus saberes intelixentes particulares e colectivos, conforma nese ser social seu particular estado intelixente. A enerxía que desprende a intelixencia, ten dous polos opostos e complementarios que conforman a personalidade do ser individual; é precisamente a complementación deses dous polos -positivo ou negativo- o que fai que a intelixencia sexa usada tanto para crear coma para destruír, para cultivar no corpo da persoa a cobiza, o egoísmo, a maldade ou o obsceno, coma para dotarnos da sinxeleza e inocencia que nos ofrecen a maior parte dos nenos e nenas, do sacrificio e o dar dunha nai que ca súa dor nos trae a este mundo, do traballar en respecto e continuado de moitos pais que pretenden asegurar futuros imprevisibles.

Cando na persoa brilla con máis intensidade as luces da intelixencia positiva, súa vida é máis cómoda no íntimo, no familiar, no social e desenvolve con máis celeridade valores potenciais de futuras novas vías, enxeños, inventivas e formas que, no común, no social, son quen de desenvolver e de poñer ao servizo da colectividade. Concrétase a intelixencia e se suma á herdanza que iluminará novas vidas, novas intelixencias nun continuo relevo xeracional. Se por contra, as luces que máis brillan nunha persoa, xa dende pequenos, son de tipo negativo, veremos a mentira, a falsidade, a presunción, a cobiza, a avaricia, a envexa e toda forma que trata de rebaixar ao “outro”, de dominalo, de espolialo, de usalo e explotalo, de facerse grande e importante con o uso e abuso dos demais. Estamos ante un depredador que non se saciará con nada; e o mundo está, estivo e estará cheo deles porque, aínda non fomos capaces, coma persoas e intelixentes, a crear un mundo humano e humanizado en todos os resortes existenciais da vida. ¿Pode alguén dubidar de todo isto? Somos testemuñas diarias de todas as depredacións que se cometen con doces cantos e palabras moi enganosas”.

Estes parágrafos copiados do meu escrito “Teoría da vida e da intelixencia” sostén que “dentro do mundo cerebral intelixente” atópanse unhas enerxías, positiva ou negativa que conforman a nosa personalidade. ¿E porqué digo enerxías? Digo enerxías, porque a intelixencia crea e conforma enerxía que non é visible, pero si é activa tal coma moitas enerxías existentes que non se ven, pero que se palpan seus efectos e inclusive se miden e utilizan. Nosa intelixencia cerebral, aparte de ser e obrar instintivamente, aprende rapidamente do seu entorno máis directo, e herda os saberes de millóns de antepasados, se se lle poñen a súa disposición coma plataforma de novas creacións.  

No mesmo escrito antes sinalado de, Teoría da vida e da intelixencia digo: “A vida existe, non hai principio, non hai fin. Somos parte desa existencia no biolóxico e no intelixente. Hai miles, millóns, billóns, de enerxías descoñecidas á mente e intelixencia que desenvolvemos. A morte biolóxica é un produto da natureza que loita por manterse en vida. O froito que da a vida é o que rega as arterias da existencia, tanto humana coma animal, vexetal ou mineral. O que non morre porque non ten bioloxía, é a “intelixencia”. Esta queda “impregnada” nos contornos intelixentes (persoas) que tiveran capacidades de asimilación. Desta “impregnación” da intelixencia, vaise conformando o saber, o escribir, o falar, o transmitir, o comunicarse, o inventar, o gozar, o destruír,, o aniquilar, o matar a vida mesma e todo signo positivo ou negativo que en herdanza xeracional nos transmiten o transmitimos ás futuras xeracións, nun proceso continuado no que, de non triunfar as enerxías positivas do intelecto, a vida da persoa humana de este o noso planeta, desaparecerá en partículas minúsculas no océano do universo, onde poda que algunha desas partículas, atope unha terra máis fértil e onde a intelixencia se desenvolva máis plenamente positiva.

Coma se ve, escribín que “A vida existe, non hai principio, non hai fin” é, de estas nove palabras, aseguro que o que chamamos “Universo” con tantas estrelas, soles, planetas e asteroides que viaxan polo espazo, son síntomas e realidades dun mundo universal que non ten fronteiras nin límites. Sempre poderase viaxar polo espazo sen atopar nunca paredes limitadoras nin distancias que non se podan escudriñar ou percorrer de ter os enxeños transportadores e de observación precisos. O Universo non ten un principio nin un fin, é iso: Universo con millóns e millóns de astros, de soles, de planetas, de fenómenos coñecidos e fenómenos descoñecidos, de vida probablemente en moitos de eses millóns de planetas que descoñecemos nas nosas limitacións científicas dese Universo. E a vida humana, así coma súa intelixencia, son fenómenos existenciais que moi ben poderían ser o proceder doutros fenómenos sucedidos que a mente humana non pode recordar porque, ao ter un tempo limitado de existencia e non poder transmitir coñecementos, como por exemplo: unha hecatombe onde todo queda destruído e so se salva algo de vida que da continuidade á especie humana, ¿coma so unhas poucas persoas poderían transmitir coñecementos tan diversos e necesarios que as sociedades acumulan, e son a base dos adiantos científicos e materiais dos que se goza en cada momento da vida? Sería imposible e sería un novo empezar. Exemplo diso son as guerras, ¿canto atraso ocasiona a ese pobo que foi vencido, sacrificado e sometido que, para subsistir, acepta a escravitude e o abuso coma norma de vida se pretende conservar trazos de identidade propios dentro duns vencedores orgullosos e ávidos de poder?

Federico E. Ávila Soto “Ficos” /Autor deste escrito.

En Santa Pola (Alicante) 20/02/2019

Falemos galego

Unha das causas de o porqué eu escribo en galego foi, o decatarme xa moi tarde e estando na emigración do que foi Galiza, da súa historia e do significado ata os nosos días, dunhas verbas lidas que revolucionan o sentido de ser ou non ser galego, o de: “Doma e castración do Reino da Galiza”, que leva aparellado dependencias alleas, perda de dereitos, empobrecemento, emigracións masivas, perda da fala e perda do dereito a decidir o que aos galegos e galegas nos interese, sen que sexamos obxecto de ameazas e imposicións coma se foramos escravos ou servos dun poder superior, ¡que é o que nos ven sucedendo!.

Durante moitos anos, e xa dende novo, non entendía o porqué en Santiago, no centro falábase o castelán, e nas aforas, nos barrios, o galego. Xa nin falar do ensino que, ¡non existía o galego!, se nos ocultou e se nos negou o ensino na NOSA lingua, así coma a nosa historia que estaba desaparecida no bosque da Historia da España. Somos fillos da burricie cultural imposta que nos divide e nos separa coma galegos. Seguimos coma eles proxectaron, divididos e enfrontados, sen sentido do noso ser e sen sentido da dignidade de facerse respectar. E parece ser, que estamos lonxe de ter uns políticos, institucións e gobernantes, que asuman o poder da Galiza coma entidade a facerse respectar e a asumir o que os galegos e galegas decidamos. Seguir lendo

Si…, isto é unha vergonza!

Fai pouco, escribín un artigo que levaba por título “Si…, isto é unha ditadura!”, hoxe engado outro case co mesmo título no que cambio ditadura por vergonza. Porque é unha vergonza ver e comprobar coma se mente descaradamente ante millóns de persoas que se sabe que a están mirando e escrutando nas súas intimidades mentais e faciais, que nos retrotraen a recentes casos sinistros e dramáticos onde, asasinos ou asasinas, mostraban idénticas personalidades psicopáticas ante a verdade duns feitos que, tarde ou cedo, saíron e sairán á luz con todas as consecuencias, coma se comprobou no caso do neno “Gabriel”.

É unha vergonza que se palpa no ambiente, nas conversas familiares, de traballo, estudantil e de tasca de barrio, que afecta á credibilidade de persoas e institucións que rexen as nosas vidas, que se supón, teñen que ser moral e eticamente exemplares no cumprimento das súas obrigacións, so pena de converter a democracia incipiente que nos venden, nunha ditadura formal con aparencias democráticas, coma se demostra na “personalidade psicopática” con que se minte e se aplaude aos líderes duns partidos, que moitos cidadáns xa os están a comparar cas mafias sicilianas. Seguir lendo

Si…, isto é unha ditadura!

Non o podo remediar. Dende fai un tempo, escribo pouco referente á política ou a cuestións sociais; outras ocupacións e preocupacións ocupan os meus poucos tempos pero, vista a podremia institucional que representan goberno e estado español, obríganme moral e eticamente a manifestar a miña opinión nos sucesos que se están a dar.

O estado democrático e de dereito que se supón é o garante das nosas liberdades, está sendo ocupado e conducido cara unha nova forma ditatorial, onde a democracia so é entendida en termos de conveniencias cara a loita electoral por parte dos tres xinetes do apocalipses, coma son M punto Rajoy, Pedro Sánchez e Albert Rivera. O desacougo que sinto vendo a estes tres xinetes, mais que señores, coma actúan entrelazados e unidos nos mesmos obxectivos, van cabalgando os tres e seus respectivos partidos na nova modalidade de “democracia ditatorial” que é a que están a inaugurar con motivo do chamado “procés” e a aplicación do artigo 155 da constitución que, máis que un artigo específico a desenvolver para, mediante o diálogo e os respectos democráticos, analizar as causas de o porqué os cataláns, ou parte importante deles, desexan a independencia. Iso non lles interesa! É máis importante non facer política ningunha ata que o tren se escangalle. Así, vimos o sainete de Pedro Sánchez con o no es no, convertido nun si polo baixiño imposto pola gran X dos Gal e demais colaboradores. Curioso foi cando tratou de indecente a todo un presidente de goberno que ata o cremos capaz. E este metido nos papeis de Bárcenas dicindo que non se poderá probar nada cando están máis de 900 cargos do partido metidos nos xulgados de toda España, mandándolle e-mails de ánimo e de que facemos o que podemos cando xa se sabía de toda a historia, e tódolos días nos atopamos cas mentiras coma a recente de Cristina Cifuentes e o seu Máster da discordia, ou invisible…, inda que se afunda todo o pouco prestixio das universidades españolas, con tal de mangonealo todo e ter bos súbditos que saiban cantar “a por ellos!”. Seguir lendo

Solución real e efectiva ao problema das pensións

Escribo este artigo no día 22 de febreiro no que se deron as maiores manifestacións daImagen pensionistas-voto historia no estado español dos pensionistas e xubilados que, xa cansos de aguantar as mentiras que difunde o partido que está no goberno acerca das pensións, están a aguantar unha situación moi difícil, en moitos casos, agravados ca situación laboral de fillos e netos que M.Rajoy xa anunciara fai anos: “de que os maiores terían que botar unha man aos fillos, na crises que bancos e entidades financeiras provocaran ca burbulla inmobiliaria”. E así foi e así é…, Mentres no país do norte de Europa onde traballei 35 anos, nin ao goberno nin ao estado se lle ocorrería anunciar semellante despropósito porque ningún pai se fai cargo dos problemas económicos de ningún fillo maior de idade que vive fora da casa, ou ao revés…, ningún fillo se fai cargo dos problemas económicos creados por os pais…, porque o estado é o garante de cada persoa maior de idade, e non lle impón a eses país os infortunios dos fillos, ou ao revés…, é o mesmo estado e o interesado os que solucionarán os desaguisados da economía; xa non digamos os avós e avoas que están a afundir neste estado español.  Aquí…, calaron todos os maiores, e segundo as estatísticas, eses maiores, principalmente os pensionistas, votan masivamente ao Partido Popular. Seguir lendo

Porqué son galeguista

-Son galeguista porque nacín na Galiza.                    9577579189_efda742551_o

-Son galeguista porque, nacendo na Galiza, non fun ensinado na nosa propia lingua. Se nos ocultou e fomos obrigados, no ensino, a aprender outra fala que non é nin era, a do noso pobo.

-Son galeguista porque, a nosa historia foinos ocultada, asimilada e manipulada, ensinándonos outra historia onde, coma pobo e reino antigo, fomos desaparecidos, humillados e ignorados na cultura imperial castelá.

-Son galeguista porque, o franquismo sociolóxico aínda hoxe, nega os nosos dereitos coma pobo, poñendo por diante dese dereito, unha unión á forza construída sobre a base dunha ditadura, das elites económicas e empresariais que a sustentaron, da monarquía que non eliximos, e dunha Igrexa Católica que apoiou o xenocidio franquista. Seguir lendo

Falemos…, da política

Catedral de BarcelonaEscribir…, non me entran ganas de escribir da actualidade na que todo xira ó redor de Cataluña e o Estado Español, pero, falemos… Abundan escritos e visións distintas das problemáticas que se están a dar; observo moito apaixonamento e medidas de forza que non traerán nada bo; na confrontación, parece que o difícil é aportar visións de futuro que canalicen axeitadamente a convivencia entre persoas con distintas culturas e identidades sen que chegue a sangre ó río. O desánimo, e lectura de tanto artigo de opinión, levoume a recordar e ler, uns escritos meus de fai nove anos que pareceran premonitorios da actualidade, pero que son, na verdade, para todo tempo e lugar porque non deixan de reflectir as actitudes humanas. Copio tan so, un pouco do escrito no ano 2008:

“O pasado, a historia da humanidade, analizándoa criticamente, nos ensina que a intelixencia deu en conformar un poder e someter aos demais, aos iguais, ós designios e caprichos do poderoso.  Así se conformaron eses poderes e se lles foi dando -e sigue- nomes diversos segundo o lugar.  De faraóns, reis, emperadores, caudillos, zares, césares e moitos máis nomes que significan o mesmo: poder absoluto, está chea a vida da especie humana, e coma tal, o vivido baixo todas esas formas absolutistas do poder. Seguir lendo

Razoamentos teóricos do Proxecto “FICOS”

Dende fai uns poucos anos, ando a darlle forma “práctica” a un proxecto ou idea que foi nacendo no meu ser e pensar coma observador dos moitos contrastes que se dan no decorrer dos días, semanas, meses e anos, na que a actualidade o mesmo nos trae noticias gratificantes coma que de repente o mundo se escurece duns nubarróns que non teñen nada que ver ca climatoloxía e si moitísimo máis ca acción depredadora que asMeditationes_de_prima_philosophia_1941 persoas humanas, no seu conxunto, periodicamente conformamos coma negros nubarróns na nosa existencia.  En calquera tempo que un mesmo nace á vida, esta xa está condicionada ás formas e actuacións que outros seres foron creando nunha continua herdanza xeracional.  Por tanto, a nova vida é allea a esas condicións é, coma ser vivo que precisa do alimento e da calor maternal, a súa próxima vida dependerá case en exclusiva das condicións, situacións e actuacións nas que estean seus proxenitores en primeiro lugar, e logo nas condicións, situacións e actuacións que se encontren a diversidade de núcleos vivos e organizados que os arrodean.

Esta criatura é moi sensible, precisa da protección, coidados, alimento e mañas ou saberes dos proxenitores ou, en todo caso substitutos, para fortalecer e desenvolver a súa existencia. Ao mesmo tempo que é moi sensible á calidade da atención das súas necesidades biolóxicas que precisa pra vivir, é tamén súper sensible ao exterior que o arrodea coma un dos condicionantes que percibe para que poda seguir en vida e crecendo.  É herdeiro dos temores e sensibilidades dos seus maiores xa dende o ventre da nai, é herdeiro das situacións nas que se encontren eses maiores, do mundo que o arrodea, é herdeiro inconsciente do nivel de desenvolvemento e calidade de vida na que os seus maiores están inmersos, é herdeiro inconsciente dos avances sociais, ou en todo caso dos atrasos, é herdeiro inconsciente dos saberes que xeración tras xeración as sociedades humanas aportan á calidade de vida, así coma tamén é herdeiro de moitos mundos que o atemorizan e encadean para que non poda ser libre e creador. Seguir lendo

¿Isto é democracia?

O pasado mes de setembro, escribín un artigo titulado: “¡Visca Cataluña!, ¿e Galiza qué?”, ca intención de deixar reflectida a miña posición no conflito que estamos a vivir intensamente nestes días. Os días pasan e fomos testemuñas das accións do chamado “procés” e da acción do goberno do estado, que tivo a súa máis alta repercusión mediática, política e social tanto en Cataluña coma no Estado Español no 1 de outubro onde, non pudendo facerse cas furnas e outros medios de votación, a policía e garda civil, recibindo ordes das máis altas estruturas do estado de impedir se votase, utilizaron a violencia contra familias enteiras, xente nova e maior que non entendían esa violencia nun acto democrático, o de votar, que eles entendían non se pode prohibir, porque a vontade colectiva dun pobo, é superior ás leis feitas cos intereses alleos a ese pobo. Seguir lendo

O chaman Democracia, ¡e non o é!

O título deste artigo, fíxose famoso a partir do Movemento dos Indignados, tamén chamado 15M que, a partir do 15 de Maio do 2011 esixían máis democracia, máis participación, auténtica división de poderes e terminar co dominio da banca e as finanzas nas decisións de estado e goberno. E sigue a estar presente este título hoxe, con motivo do Referendo de Cataluña convocado “ilegalmente” polo goberno da Generalitat.

Estamos a oír as palabras “Democracia, Lei, Estado de Dereito, ilegalidade, Garda Civil,lo-llaman-democracia-y-no-lo-es Policía, Mossos de Escuadra, Fiscalía, multas, sedición, non se celebrará, estado de excepción, art.155, etc.”, acompañados duns crispados debates nas televisións e múltiples artigos periodísticos que están a caldear un ambiente de confrontación en dous modelos antagónicos que lle dan ou non, contido democrático, ás accións que toma o goberno do Estado, representado por o Partido Popular, e o goberno da Generalitat, representado por unha confluencia de tres partidos catalanistas, que están a levar a un choque que repercutirá no futuro deste Estado e esperemos que non sexa violento. Seguir lendo