Si…, isto é unha vergonza!

Fai pouco, escribín un artigo que levaba por título “Si…, isto é unha ditadura!”, hoxe engado outro case co mesmo título no que cambio ditadura por vergonza. Porque é unha vergonza ver e comprobar coma se mente descaradamente ante millóns de persoas que se sabe que a están mirando e escrutando nas súas intimidades mentais e faciais, que nos retrotraen a recentes casos sinistros e dramáticos onde, asasinos ou asasinas, mostraban idénticas personalidades psicopáticas ante a verdade duns feitos que, tarde ou cedo, saíron e sairán á luz con todas as consecuencias, coma se comprobou no caso do neno “Gabriel”.

É unha vergonza que se palpa no ambiente, nas conversas familiares, de traballo, estudantil e de tasca de barrio, que afecta á credibilidade de persoas e institucións que rexen as nosas vidas, que se supón, teñen que ser moral e eticamente exemplares no cumprimento das súas obrigacións, so pena de converter a democracia incipiente que nos venden, nunha ditadura formal con aparencias democráticas, coma se demostra na “personalidade psicopática” con que se minte e se aplaude aos líderes duns partidos, que moitos cidadáns xa os están a comparar cas mafias sicilianas. Seguir lendo

Falemos…, da política

Catedral de BarcelonaEscribir…, non me entran ganas de escribir da actualidade na que todo xira ó redor de Cataluña e o Estado Español, pero, falemos… Abundan escritos e visións distintas das problemáticas que se están a dar; observo moito apaixonamento e medidas de forza que non traerán nada bo; na confrontación, parece que o difícil é aportar visións de futuro que canalicen axeitadamente a convivencia entre persoas con distintas culturas e identidades sen que chegue a sangre ó río. O desánimo, e lectura de tanto artigo de opinión, levoume a recordar e ler, uns escritos meus de fai nove anos que pareceran premonitorios da actualidade, pero que son, na verdade, para todo tempo e lugar porque non deixan de reflectir as actitudes humanas. Copio tan so, un pouco do escrito no ano 2008:

“O pasado, a historia da humanidade, analizándoa criticamente, nos ensina que a intelixencia deu en conformar un poder e someter aos demais, aos iguais, ós designios e caprichos do poderoso.  Así se conformaron eses poderes e se lles foi dando -e sigue- nomes diversos segundo o lugar.  De faraóns, reis, emperadores, caudillos, zares, césares e moitos máis nomes que significan o mesmo: poder absoluto, está chea a vida da especie humana, e coma tal, o vivido baixo todas esas formas absolutistas do poder. Seguir lendo

¿Isto é democracia?

O pasado mes de setembro, escribín un artigo titulado: “¡Visca Cataluña!, ¿e Galiza qué?”, ca intención de deixar reflectida a miña posición no conflito que estamos a vivir intensamente nestes días. Os días pasan e fomos testemuñas das accións do chamado “procés” e da acción do goberno do estado, que tivo a súa máis alta repercusión mediática, política e social tanto en Cataluña coma no Estado Español no 1 de outubro onde, non pudendo facerse cas furnas e outros medios de votación, a policía e garda civil, recibindo ordes das máis altas estruturas do estado de impedir se votase, utilizaron a violencia contra familias enteiras, xente nova e maior que non entendían esa violencia nun acto democrático, o de votar, que eles entendían non se pode prohibir, porque a vontade colectiva dun pobo, é superior ás leis feitas cos intereses alleos a ese pobo. Seguir lendo

O chaman Democracia, ¡e non o é!

O título deste artigo, fíxose famoso a partir do Movemento dos Indignados, tamén chamado 15M que, a partir do 15 de Maio do 2011 esixían máis democracia, máis participación, auténtica división de poderes e terminar co dominio da banca e as finanzas nas decisións de estado e goberno. E sigue a estar presente este título hoxe, con motivo do Referendo de Cataluña convocado “ilegalmente” polo goberno da Generalitat.

Estamos a oír as palabras “Democracia, Lei, Estado de Dereito, ilegalidade, Garda Civil,lo-llaman-democracia-y-no-lo-es Policía, Mossos de Escuadra, Fiscalía, multas, sedición, non se celebrará, estado de excepción, art.155, etc.”, acompañados duns crispados debates nas televisións e múltiples artigos periodísticos que están a caldear un ambiente de confrontación en dous modelos antagónicos que lle dan ou non, contido democrático, ás accións que toma o goberno do Estado, representado por o Partido Popular, e o goberno da Generalitat, representado por unha confluencia de tres partidos catalanistas, que están a levar a un choque que repercutirá no futuro deste Estado e esperemos que non sexa violento. Seguir lendo

¡Visca Catalunya! ¿E Galiza, qué?

6 de Setembro, día sinalado e anunciado de que ía ser conflitivo a nivel político e mediático no Estado Español. ¡E así foi!, xa de mañá, todos os media enfocando o Parlament de Catalunya dando conta do que alí sucedía e activando os análises e opinións de expertos e clásicos tertulianos que opinan de todo, conformando un estado de tensión que o visualizaban axeitadamente os membros do goberno, na “garda” que montaron pra contrarrestar as decisións que se ían tomando no Palau da Generalitat Catalana.

¿É?…, sigue a tensión, “choque de trens” escriben algúns. Aprobouse a Lei de Referendo logo dun día cargado de imaxes para o recordo e a Historia, con ausencia dos deputados de PSOE, Cidadáns e Partido Popular que, este último, deixaron as bancadas valeiras, pero cubertas os seus respaldos con bandeiras españolas e catalás a modo de símbolos que chamaron a atención dos telespectadores, e tamén, da deputada de Podemos Angels Martínez Castells que, moi maior ela, sentiuse ofendida das bandeiras españolas, e foinas retirando sen que fora molestada ou non oíra á Presidenta do Parlament para que as deixara. Seguir lendo