Esencia do ser individual e colectivo

En cada actividade da vida, -musical, científica, deportiva, política, militar, médica, artística, literaria, obreira, pescadora ou labrega, etc.,- destacan significadas persoas por posuír e desenvolver capacidades extraordinarias.  Isto leva a concentrar neses personaxes, tanto a admiración coma o seguimento, imitación, defensa e organización de seguidores, no que de primeira impresión, os resultados de todas as accións que o circundan, trae consigo unha elevación da súa estima social, e probablemente económica –que son case inseparables- de dito extraordinario personaxe.  A elevación da estima social, trae consigo a demanda pola sociedade ou sociedades, duns bens que pode ser capaz de aportar para consumo das minorías ou maiorías, e que se verá sometido a unha gran presión causada por esa demanda.  A orixinalidade, o excepcional, o descoñecido, son valores que poden desencadear paixóns inversas, a favor e en contra, segundo prexudique ou poda beneficiar aos poderes existentes. Seguir lendo